PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE")

Proxecto de vida activa e deportiva, que xa levamos varios cursos traballando e que ten como obxectivos principais: - mellorar a calidade de vida do alumnado, co fomento de actividades físicas e saudables de toda a comunidade educativa. - Loitar contra o sedentarismo, creando hábitos de que perduren fora do centro escolar a ao longo de toda a vida.

DEBUXOS FEITOS POLO ALUMNADO

DEBUXOS FEITOS POLO ALUMNADO

 

DURANTE ESTE CURSO, O ALUMNADO PARTICIPOU DE MANEIRA INTRADISCIPLINAR, CON ÁREAS COMO PLÁSTICA, CIENCIAS, ... CON PEQUENOS TRABALLOS, DEBUXOS, ETC.

AQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA.

 

TRABALLIÑOS DOS NEN@S SOBRE AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO 1º TRIMESTRE

Durante o primeiro trimestre deste novo curso 2021/2022; o alumnado do noso cole por fin pudo participar nalgunhas probas deportivas, tras pasar moito tempo sen ter actividades de Xogade por mor do Covid19.

As actividades feitas son:

  1. Carreira de campo a través para os cursos de 2º e 4º de educación primaria no CEP Pedro Caselles en Tomiño.
  2. III Xornada de xogos populares intercentros para as clases de 6º curso de educación primaria en Tomiño: Billarda, Bolos Celtas e a Chave de Aspas.
  3. IV Carreira solidaria da nosa escola de Guillarei, organizada no torreiro da festa.
  4. Xornada de xogos populares durante a festa do Magosto na escola.
  5. Carreira de campo a través para os cursos de 3º e 5º de educación primaria no CEP Pedro Caselles en Tomiño.

A continuación tedes un resumo dos traballiños do alumnado.

NOA DE 4º CURSO

XAVIER DE 4º CURSO

ZAIRA DE 4º CURSO

LUCAS DE 4º CURSO

ZAIRA

ANAIS DE 4º CURSO

XAVIER

IKER RENDO DE 3º CURSO

NICO DE 3º CURSO

INTISAR DE 3º CURSO

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O próximo venres 5 de novembro organizamos a IV edición da nosa Carreira Solidaria en colaboración coa ONG SOS BAIXO MIÑO. 

A partir das 11.45 e ata as 13 horas, no torreiro da festa de Guillarei, todo o alumnado participará nun total de 8 carreras de campo a través, percorrendo entre 150 metros os nen@s de infantil ata os 1.000 metros os de 6⁰ curso de primaria. 

LEITE E CACAO serán os alimentos a recoller.

Moitas grazas por axudar e colaborar. 

EUROPEAN SCHOOL SPORT #BE ACTIVE

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

A nosa escola organiza unha proposta de probas deportivas durante varios días previo á celebración de "día europeo do deporte escolar" que será o venres 24 de setembro.

A idea é completar 3 retos colaborativos en cada aula de primaria e infantil.

MARTES 21: FACER A MILLA (1.609 metros) todos xuntos.

MÉRCORES 22: BAILAR UNHA CANCIÓN divertida.

XOVES 23: PASAR UNHA PELOTA SEN QUE CAIA AO CHAN (15 TOQUES)

A CLASE QUE A SUPERE O RETO OBTERÁ UNHA INSIGNIA E FINALMENTE OUTORGAREMOS UN DIPLOMA ÁS AULAS.

O VENRES 24: Celebraremos a xornada especial con varios xogos deportivos.

EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

1- BÁDMINTON

2- XOGO DO BRILÉ OU MINI BASKET

3- MINI BALONMÁN

4- VOLEI XIGANTE

5- MINI FÚTBOL

6- O XOGO DOS BOLOS

7- O ROCÓDROMO

EN EDUCACIÓN INFANTIL CON VARIOS AMBIENTES DEPORTIVOS

1- RECORRIDOS XERAIS LÚDICOS

2- CIRCUITO DE XOGOS

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE EXPERIENCIAS DEPORTIVAS

TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO RELACIONADOS COAS ACTIVIDADES

A continuación presentamos un resumo de varios traballiños feitos polo alumnado relacionado coas actividades deportivas durante o curso.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS

Actividades deportivas organizadas polo Concello (Tenis e patinaxe): suspendidas polo COVID 19. Aínda co grupo de Tenis comezou a participar a partir de Abril.

Mulleres deportistas importantes.

Exposición de murais (petalos xigantes) sobre mulleres deportistas: Traballo relacionado coa investigación de mulleres importantes en varios ámbitos da vida.

Ana Peleteiro, Carolina Marín, Chus Lago, ...

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.

FORMACIÓN DE MESTRES EN RUTAS NÁUTICAS EDUCATIVAS

FORMACIÓN ESPECÍFICA DE MESTRES

O pasado 11 de xuño o mestre de educación física participou nunha formación específica sobre rutas náuticas educativas en Kayak cara as bateas da ría de Vigo fronte a Moaña, acompañados por un experto no cultivo do mexilón e nunha andaina relacionada coa historia mariñeira da vila de Cangas do Morrazo e a industria conserveira e das baleas da familia Masó, acompañados con guías turísticos.

O obxectivo desta experiencia e levar o próximo ano ao alumnado para que teña experiencias interdisciplinares sobre estes contidos.

Estas actividades están organizadas por ECODESTIN (Proxecto europeo INTERRG) en Moaña e Cangas do Morrazo en xuño 2021.

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

NOVO EQUIPO DE MESTRES DO PVAD "Guillarei activo e saudable".

O día 21 de setembro constituímos o novo equipo de deporte escolar da nosa escola, o cal vai estar formado durante o curso escolar 2020/2021 polos seguintes mestr@s:

- Olaia Conde Fernández (represanta a educación infantil)

- Mª Luz Conde Moldes (representa ao 1º ciclo)

- Fernando Domínguez Sobral (coordina o equipo e representa ao 2º ciclo)

- Vega Sánchez Campos (representa ao 3º ciclo)

Ademáis de constituir o equipo, repasamos o calendario de actividades do curso e as propostas e novidades surdidas neste período do COVID 19.

Estamos pendentes das novidades do plan Proxecta e da Xunta de Galicia para ver que se pode facer durante este curso escolar.

O noso cole sáe no Faro de Vigo

O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...

Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha  vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.

Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.

Sen dúbida unha gran experiencia.

GUILLAREI SOLIDARIO COA PROTECTORA ALOIA

Este curso solidarizámonos coa protectora de animais Aloia de Tui e organizamos a III edición da nosa carreira Solidaria de Campo a Través no torreiro da festa de Guillarei.

Montamos 5 recorridos con diferentes distancias a percorrer pola totalidade do alumnado, mestre@s e familias que tamén se animaron.

  • Infantil 3 anos: 100 metros
  • Infantil 4 e 5 anos: 150 metros
  • 1⁰ e 2⁰ curso: 450 metros
  • 3⁰ e 4⁰ curso: 650 metros
  • 5⁰ e 6⁰ curso: 850 metros
  • Familias e mestres: 100 metros

A parte deportiva nesta ocasión foi a menos importante e si a de sensibilizar a comunidades educativa e familias da importancia de axudar e cuidar os animais.

XORNADA ESPECIAL SOLIDARIA E DEPORTIVA

Este xoves 23 de Xaneiro imos organizar unha xornada moi especial. O programa vai ter as siguientes actividades:

1) As 10 h. imos ter a sorte dunha visita especial na nosa escola de varios deportistas do club Kennel Den de Mushing.

2) De 10 a 11 h. Tenemos 2 obradoiros sobre o Mushing e as duas modalidades: Canicros, Bikejoring, Patin, Triciclo, ...

3) As 11 h. Exhibición práctica cos cáns no torreiro da festa.

4) A partir das 12 h. III Carreira Solidaria en colaboración coa protectora Aloia de Tui.

Animádevos e participar e por favor non vos olvidedes de traer alimentos para os peludiños.

Distribuir contido