Xogade (deporte escolar)
XOGADE (Dinamizacións Deportivas Intercentros) contra CEIP de Barrantes
Enviado por paula o 3 Xullo, 2024 - 13:29XOGADE (Dinamizacións Deportivas Intercentros) contra CEIP de Barrantes
No mes de decembro fixemos a convivencia co CEIP de Barrantes (Tomiño). Xogamos a bádminton, volei, fútbol sala, xadrez, e balonmán.
DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023
Enviado por Anónimo o 21 Febreiro, 2024 - 13:23ENTREGA DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023
Por fin chegaron os “diplomas” para os participantes no pasado campo a través do Borralliño 2023.
Nesta ocasión o alumnado premiado son dos cursos de 2º e 3º de educación primaria. Destacar as nenas de 3º, que por segundo ano consecutivo conseguen o 1º posto.
Moitos parabéns para os tod@s os participantes.
1ª Xornada deportiva escolar co CEIP de Rebordáns
Enviado por Anónimo o 2 Novembro, 2023 - 22:08O pasado mes de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.
Destacar que foi unha xornada moi emocionante e moi divertida.
Nesta 1ª xornada deportiva, xogaron o alumnado de 6º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:
Bádminton, Xadrez, Balonmán, Mini basket, Voleibol e Fútbol sala.
DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE RANDUFE
Enviado por Anónimo o 4 Xullo, 2023 - 10:57DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE RANDUFE
O PASADO 3 DE MAIO ORGANIZAMOS E PARTICIPAMOS NA 5ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR CONTRA O CEIP DE RANDUFE.
FOI A DERRADEIRA DESTA TEMPORADA.
XORNADA XOGADE DE XÁDREZ
Enviado por Anónimo o 18 Abril, 2023 - 14:31XORNADA XOGADE DE XÁDREZ
Durante o 1º trimestre, durante 2 xornadas o alumnado de 4º de educación primaria participou nun programa da Xunta de Galicia sobre xadrez.
DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE BARRANTES
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 12:23DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE BARRANTES
No 1º trimestre no mes de decembro, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Barrantes de Tomiño, coas clases de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 12:12DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS
No 2º trimestre no mes de xaneiro, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Pazos de Reis de Tui, coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CO CEIP DE TEBRA
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2023 - 11:10DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CO CEIP DE TEBRA
No 2º trimestre no mes de marzo, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Tebra de Tomiño, coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CONTRA O CEIP DE REBORDÁNS
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2022 - 14:40XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
O pasado xoves 10 de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.
Destacar que foi unha xornada moi emocionante, xa que despois de case 3 anos non se podían organizar estas xornadas de convivencia por mor da pandemia.
Estivemos participante na 1ª xornada deportiva, na cal xogaron o alumnado de 6º, 5º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:
- Bádminton, Xadrez e Balonmán.
- Mini basket e Volei.
- Fútbol sala.
INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2022 - 13:35INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)
O alumnado de 3º curso ed. primaria participou neste curso de iniciación ao xadrez na escola durante 5 xornadas. A continuación podedes ver un resumo.
EXPLICACIÓNS NA AULA DAS NORMAS DO XADREZ
ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2022
Enviado por Anónimo o 17 Marzo, 2022 - 14:46ATLETISMO EN PISTA
Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.
Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:
- Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
- Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
- Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández
Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:
- Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
- Salto de Lonxitude: Lorena Vaz
Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equipos de 4 atletas:
- Lorena Vaz
- Erik Leyenda
- Adam Kalai
- Julián Álvarez
Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".
Moita sorte e ánimo a tod@s.
SALTO DE LONXITUDE
SERIES DE VELOCIDADE
COMPAÑERISMO O MÁIS BONITO
CARREIRA DE RESISTENCIA (500 METROS)
LANZAMIENTO DE VORTEX
XORNADAS DE RETOS LÚDICOS EN LUGAR DO XOGADE
Enviado por Anónimo o 29 Xuño, 2021 - 12:59Este ano o XOGADE saiu a final de curso, e na nosa escola organizamos unhas xornadas especiais con retos ludicos e deportivos nas cales participou todo o alumnado de infantil e primaria respectando os protocolos do Covid19.
As xornadas forón moi divertidas e vivirónse con moita alegría e emoción.
Grupo de 6º
1º curso
Tiro con Arco
Xogo dos bolos
Escalada
Floorball
Bádminton
Floorball e fútbol sala
FINAIS DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 27 Abril, 2020 - 13:18Aquí tedes a este gran equipo que represetou a escola no pavillón da Carballa. Destacar ao capitán Xabier Argúelles.
IV DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE TEBRA (Tomiño)
Enviado por Anónimo o 26 Marzo, 2020 - 12:56O pasado mércores 11 de marzo participamos na 4.ª xornada de dinamización INTERCENTROS co CEIP de Tebra de Tomiño.
Nesta ocasión as clases de 3⁰ e 5⁰ de educación primaria foron os protagonistas. Coma sempre a mañá foi moi intensa xogando a bádminton, balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.
O máis importante foi a convivencia e as emocións nos distintos xogos.
Clases de 3⁰ curso de educación primaria.
Bádminton
Fútbol Sala
Xadrez
Baloncesto
FASE FINAL DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 19 Febreiro, 2020 - 13:15Hoxe mércores 19 de febreiro do 2020 imos participar na fase final de bádminton do Baixo Miño no pavillón da Carballa en Tomiño.
Van representar a nosa escola os seguinte alumn@s:
- Brais Alfaya
- Violeta Coello
- Houda El Jabraoui
- Lorena Vaz
- Mara Argüelles
- Antonio Soto
Moita sorte a tod@s e a disfrutar facendo deporte.
Lembrar o bus sae as 15.50 e regresa sobre as 20 horas aproximadamente ao colexio.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »