Deporte escolar

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CONTRA O CEIP DE REBORDÁNS

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

O pasado xoves 10 de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.

Destacar que foi unha xornada moi emocionante, xa que despois de case 3 anos non se podían organizar estas xornadas de convivencia por mor da pandemia.

Estivemos participante na 1ª xornada deportiva, na cal xogaron o alumnado de 6º, 5º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:

  1. Bádminton, Xadrez e Balonmán.
  2. Mini basket e Volei.
  3. Fútbol sala.

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23


Durante os meses de Setembro e outubro, visitaron a nosa escola o Club Balonmán Tui e o Tui de Fútbol sala; ambas entendidas deportivas, explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización dos seus clubes e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

 

ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2022

ATLETISMO EN PISTA

 

Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.

Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:

  • Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
  • Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
  • Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández

Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:

  • Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
  • Salto de Lonxitude: Lorena Vaz

Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equipos de 4 atletas:

  1. Lorena Vaz
  2. Erik Leyenda
  3. Adam Kalai
  4. Julián Álvarez

Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".

Moita sorte e ánimo a tod@s.

SALTO DE LONXITUDE

 

SERIES DE VELOCIDADE

COMPAÑERISMO O MÁIS BONITO

CARREIRA DE RESISTENCIA (500 METROS)

LANZAMIENTO DE VORTEX

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO 2021

 

XOGANDO NA FESTA DO MAGOSTO

O pasado martes 9 de novembro celebramos a FESTA DO MAGOSTO no noso colexio de Guillarei. Ademais de comer as castañas asadas pola ANPA, este ano houbo “chouripán” e coma sempre un percorrido con 7 estacións con diferentes xogos populares, autóctonos e tradicionais, como por exemplo: xogamos a billarda (pincha ou estornela), relevos cun culler e castaña, o xogo do aro, carreiras de sacos, as construcións coas espigas do millo, o xogo dos bilos, a rá, a chave de aspas, os zancos ou o sogatira.

 

Sen dúbida foi unha xornada lúdica e de convivencia.

 

 

 

 

BOLOS

CONSTRUCIÓNS CO MILLO

O XOGO DA CHAVE DE ASPAS

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Balonmán Tui".

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 - CLUB BALONMÁN TUI

 

Estos días o alumnado da nosa escola tivo a sorte de coñecer un pouco máis do Balonmán e o club de Tui.

Moitas grazas aos seus monitor@s pola paciencia e tan boa disposición cos nen@s.

Destacar que na noso colexio vaise organizar de xeito GRATUITO a nivel EXTRAESCOLAR a actividade de BALONMÁN os MÉRCORES de 16 a 17 horas no noso pavillón.

Os interesad@s poden inscribirse no teléfono 677380222 (María Alfaya).

 

 

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

NOVO EQUIPO DE MESTRES DO PVAD "Guillarei activo e saudable".

O día 21 de setembro constituímos o novo equipo de deporte escolar da nosa escola, o cal vai estar formado durante o curso escolar 2020/2021 polos seguintes mestr@s:

- Olaia Conde Fernández (represanta a educación infantil)

- Mª Luz Conde Moldes (representa ao 1º ciclo)

- Fernando Domínguez Sobral (coordina o equipo e representa ao 2º ciclo)

- Vega Sánchez Campos (representa ao 3º ciclo)

Ademáis de constituir o equipo, repasamos o calendario de actividades do curso e as propostas e novidades surdidas neste período do COVID 19.

Estamos pendentes das novidades do plan Proxecta e da Xunta de Galicia para ver que se pode facer durante este curso escolar.

IV DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE TEBRA (Tomiño)

O pasado mércores 11 de marzo participamos na 4.ª xornada de dinamización INTERCENTROS co CEIP de Tebra de Tomiño.

Nesta ocasión as clases de 3⁰ e 5⁰ de educación primaria foron os protagonistas. Coma sempre a mañá foi moi intensa xogando a bádminton,  balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.

O máis importante foi a convivencia e as emocións nos distintos xogos.

Clases de 3⁰ curso de educación primaria. 

Bádminton 

Fútbol Sala 

Xadrez 

Baloncesto 

FASE FINAL DE BÁDMINTON EN TOMIÑO

Hoxe mércores 19 de febreiro do 2020 imos participar na fase final de bádminton do Baixo Miño no pavillón da Carballa en Tomiño. 

Van representar a nosa escola os seguinte alumn@s:

  • Brais Alfaya
  • Violeta Coello
  • Houda El Jabraoui
  • Lorena Vaz
  • Mara Argüelles
  • Antonio Soto

Moita sorte a tod@s e a disfrutar facendo deporte. 

Lembrar o bus sae as 15.50 e regresa sobre as 20 horas aproximadamente  ao colexio. 

 

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN VIGO

Mayra, Uxía, Houda, Alejandra, Laura e Kholoud (Equipo Infantil Fem.)

O pasado sábado 1 de febreiro de 2020, celebrouse a proba provincial de campo a través no parque de Castrelos de Vigo. O noso colexio participou en varias categorías. Tod@s correron con moito esforzo e ilusión.

Moitos parabéns a todos os participantes.

Anais e Lorena (Benxamín Fem.)

Saula (Cadete Fem.)

 

Taha (Benxamín Masc.)

Anais (Benxamín Fem.)

 

 

 

 

 

PRIMEIRAS XORNADAS DE BÁDMINTON NO CEIP DE RANDUFE

Houda, Violeta, Brais e Gabriel (Categoría Alevín)

Esta semana comezan a 3ª xornada de bádminton escolar que se está celebrando no pavillón do CEIP de Randufe baixo a organización de Agrudebam. A nosa escola este curso participa en dúas categorías (Benxamín e Alevín).

Giovanni, Antonio, Micaela, Mara e Lorena (Categoría Benxamín).

Micaela (Benxamín)

Mara e Lorena (Benxamíns)

 

 

 

BÁDMINTON NO PAVILLÓN DE RANDUFE

Primeras xornadas de bádminton en Randufe de Alevíns e Benxamíns.

PROVINCIAL XOGADE DE CAMPO A TRAVÉS 2019-2020

O próximo sábado 1 de febreiro no parque de Castrelos de Vigo imos participar na proba provincial de campo a través Xogade 2019-2020.

Moita sorte a todolos participantes.

BÁDMINTON OS MARTES NO PAVILLÓN DE RANDUFE

 

 

A partir de mañá martes 21 un grupo duns 12 nenas e nenos de colexio van participar coas outras eoutras escolass nas xornadas de bádminton organizadas por Agrudebam no pavillón de Randufe. 

As partidas comezan as 16.30 e rematan arredor das 19.10. O alumnado transportado sairá as 16 h. dende o colexio.

Aproveitamos unha vez máis para agradecer a colaboración de Javier Argüelles (Anpa so colexio) que vai co grupo do noso colexio.

Graciñas e a disfrutar rapaces e rapazas.

 

III XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

 

Mañá xoves 16 de Xaneiro visítanos o CEIP de Pazos de Reis para ter unha xornada de convivencia e deportes en conxunto.

Nesta ocasión van participar 6⁰ , 4⁰ e 3⁰ curso.

Bádminton, Voleibol, Balonmán, Xadrez, Baloncesto e Fútbol Sala serán os deportes a practicar durante a xornada. 

 

Distribuir contido