Promocións de clubs deportivos no centro

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23


Durante os meses de Setembro e outubro, visitaron a nosa escola o Club Balonmán Tui e o Tui de Fútbol sala; ambas entendidas deportivas, explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización dos seus clubes e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

 

COÑECE O MEU CLUB "KAYAK TUDENSE"

Programa “Coñece o meu club” (Promocións de clubs deportivos): este ano tivemos que suspender as programadas para o principio de curso, facendo soamente a de piragüismo co Club Kayak Tudense no mes de xuño cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

BALONMÁN E BALONCESTO TUI PROMOCIONAN OS SEUS DEPORTES EN GUILLAREI

Alejandro e Javier monitores do Club Baloncesto Tui, explicaron e promocionaron o seu deporte a todos os cursos de educación primaria. Aquí están co alumnado de sexto e quinto.

Grupo de terceiro e cuarto en acción.

Noe e Pablo do Balonmán Tui tamén tiveron o seu momento para animar ao noso alumnado a practicar balonmán co seu club e federarse. Lembrar que na nosa escola hai un grupo que xa xoga desde fai anos un día pola tarde, organizado pola ANPA e a Diputación de Pontevedra xunto o club balonmán Tui.

 

 

Promocións deportivas: Balonmán, Remo e Judo na escola.

 

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS NA NOSA ESCOLA

Durante o mes de setembro  o alumnado de educación infantil e primaria do noso colexio participo nas promocións deportivas de balonmán, remo e judo.

As 3 modalidades convidan a probar os seus deportes de xeito gratuito, ademais o Club Atletismo Thermalia-Tui nos informa que o que queira coñecer o seu club pode pasar os martes e xoves polas instalacións deportivas da Macoca en Pazos de Reis.

Moitas grazas a estes clubs deportivos e os monitores (Josu e María de Balonmán, Sonia e Diego de Remo e David, Solla e Carmen de Judo) por darlle a oportunidade o noso alumnado de coñecer as vosas modalidades.

A continuación poden ver un exemplo do ben co pasaron nas seguintes imaxes.

 

Distribuir contido