PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN, CURSO 2024-25
Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 24-25.
As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.
PRAZOS
- Publicación listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: 25 abril. Poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
- Publicación listaxes definitivas alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio
- Formalización matrícula: do 20-30 de xuño
NORMATIVA:
-Decreto 13/2022, do 3 de febreiro ( DOG 11/2022)
-Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 08/11/2022)
-Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumando en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25