Skip to Content

Actividades Complementarias y Extraescolares

VISITA A NOSA ESCOLA DAVID GIL

VISITA A NOSA ESCOLA DAVID GIL

O PASADO 6 DE OUTUBRO TIVEMOS A GRAN SORTE DE COÑECER A DÁVID GIL, QUE VIU A NOSA ESCOLA PARA CONTARNOS UN POUCO SOBRE O SEU PROXECTO DE “700 CAMISETAS CONTRA A LEUCEMIA”.

CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES E IMPORTANTES; ADEMAIS AGASALLOU A TODO O ALUMNADO CON PULSERAS E DIPLOMAS.

MOITAS GRAZAS DAVID.

DANZAS E BAILES POPULARES

DANZAS E BAILES POPULARES

 

A PRINCIPIOS DE XUÑO PASADO TIVEMOS A SORTE DE COÑECER E PRACTICAR TODO O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA VARIAS DANZAS E BAILES POPULARES A TRAVÉS DO GRUPO DE GUILLAREI (COMPOSTO POR VARIAS EX ALUMNAS DO COLEXIO).

UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA E DIVERTIDA.

PATINAXE EXTRAESCOLAR

PATINAXE EXTRAESCOLAR

 

OS VENRES NO PAVILLÓN DO COLEXIO A TRAVÉS DO CONCELLO HOUBO ESCOLA DE PATINAXE ONDE MOITAS NENAS DO COLEXIO PARTICIPARON.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Os pasados 15 e 16 de xuño participamos co alumnado de 6º curso na XV edición da Aloiada 2023.

Este ano recuperamos a total normalidade na realización das actividades, puidendo pernoctar no cumio do monte Aloia, na tan desexada "acampada". Participamos 6 colexios de Tui: Nº 1, Nº 2, Caldelas, Pazos de Reis, Rebordáns e Guillarei.

O resto das actividades foron as seguintes:

XOVES 15

* Charla de bemvida e presentación do proxecto por Bea (Nº 2 de Tui) e Jose (C. Montes de Vincios).

MONTE GALIÑEIRO: 5 obradoiros

  1. ESCALADA E RAPPEL.
  2. NÓS DE MONTAÑA.
  3. PRIMEIROS AUXILIOS.
  4. ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  5. XOGOS DE AVENTURA CO GRUPO DOS SCOUTS DE TUI.
  6. ANDAINA DO GALIÑEIRO ATA O ALOIA.
  7. ACAMPADA NO ALOIA.

VENRES 15

  1. SENDERISMO DESDE O ALOIA ATA O RÍO MIÑO.
  2. VISITA AULA DA NATUREZA DO ALOIA.
  3. RÍO TRIPES.
  4. PARQUE DO PENEDO.
  5. KAIAK NO CENTRO INTERFEDERADO NO RÍO MIÑO.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Onte no concello de Tui, tivemos a 2ª reunión organizativa da Aloiada 2023.

Este ano participamos os colexios de Pazos de Reis, Rebordáns, Maristas, Nº 1 de Tui, Caldelas, Nº 2 de Tui e a nosa escola de Guillarei coas clases de 6º de Ed. Primaria.

 

V CARREIRA SOLIDARIA

Xornada xenial o día 30 de marzo no noso cole para celebrar a V Carreira solidaria (coa protectora de animais Aloia de Tui) e conmemorando o día intenacional do autismo. Motias grazas a toda a comunidade educativa pola súa sempre participación e colaboración.

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

OBRADOIROS DE XOGOS POPULARES

  1. A CHAVE DE ASPAS
  2. OS BOLOS CELTAS
  3. A BILLARDA
  4. A CARREIRA DE SACOS
  5. AS TORRES DOS CAROZOS
  6. XOGOS DE CHÁN
  7. MARIOLAS E LABERINTOS
  8. RELEVOS COA CULLER

V CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

V CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

PROTECTORA ALOIA

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

XOGOS POPULARES NA FESTA DO MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro celebramos a festa do magosto, coincidindo este ano co día do S. Martiño. Decidimos aproveitar esta celebración para practicar xogando a xogos populares, organizando varios obradoiros onde recuperamos a formación de 8 equipos co alumnado misturado dende infantil ata 6º curso de primaria.

Os obradoiros de xogos foron os seguintes:

  1. Billarda ou xogo da pincha no pavillón.
  2. As torres cos carozos do millo no patio cuberto.
  3. As carreiras de sacos na zona verde a carón do parque.
  4. Os bolos ou birlos na parte dinateira da sala de mestr@s.
  5. O xogo da chave de aspas fronte a clase de música.
  6. Xogos pintados na zona da calustra.
  7. Xogos pintados na zona da calustra.
  8. Relevos coas castañas no patio da entrada ao pavillón.

Sen dúbida foi unha xornada moi intensa e divertida, que rematou coas merendas, un ano máis cos choripans e coas castañas asadas.

Descenso do Miño

O pasado 8 de Xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria realizaron o primeiro descenso do Miño en Kayak. A actividade foi proposta polo Clube Kayak Tudense aos cales agradecemos esta oportunidade. 

Agardamos o pasedes tan ben vendo as fotos coma nos disfrutando do río :)

Click na imaxe para ver o álbum de fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut