Skip to Content

blogue deVíctor

CHARLA PARA FAMILIAS

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía forma parte da vida das persoas cada vez a máis temperá idade e as pantallas (incluída a TV) acompañan ás nosas xeracións dende o berce.

Pero sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do uso nos primeiros anos de vida?

Moitas familias e profesionais, levados pola falsa crenza de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos seus fillos no mundo dixital crendo que por ser “nativos dixitais” xa están preparados de maneira diferentes a como o estaban os cerebros dos nosos avós cando naceron.

De aí nace a necesidade de compartir datos con rigorosidade científica que acheguen luz a este asunto e que nos leven a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

Por todo isto e moito máis animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta charla impartida por María Couso, especialista en neuroeducación.

ENTROIDO!! MANDADIÑOS DO MECO

Atención familias ! Deixamos aquí os mandados do Meco. E recordade que este ano son acumulativos!

DÍA DA PAZ 2024

Cada 30 de xaneiro pretendemos  fomentar a tolerancia, o entendimento, o respecto mutuo  e os diferentes  modos de pensamento. A data coincide co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

ADMISIÓN 2024

Addenda Programacións

Traballos feitos polo nenos

Benvidos

CALENDARIO RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimados pais/nais:

Este mes de Novembro celébranse eleccións para á renovación ao CONSELLO ESCOLAR.

Para isto o martes 9 de novembro ,constituíuse a Xunta Electoral, dotada de plenas competencia na organización e supervisión de todo o proceso electoral. Esta Xunta Electoral, segundo instrución recibida da XUNTA DE GALICIA, está integrada polos seguintes membros da comunidade educativa elixidos por sorteo: 1 Profesor, 1 Pai/nai e o Director.

Teñen dereito a voto todas as nais, pais e titores legais con fillos/as matriculados no Colexio.

TÓDOLOS PAIS/NAIS QUE DESEXEN FORMAR PARTE DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO E DESTE XEITO TOMAR PARTE ACTIVA NAS DECISIÓNS QUE AFECTAN Ó FUNCIONAMENTO E BOA MARCHA DO MESMO, PODEN COMUNICAR A SÚA DECISIÓN NO NOSO CENTRO PRESENTÁNDOSE COMO CANDIDATOS DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO.

 

 

CALENDARIO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

DATAS

ACTUACIÓN RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

2 novembro

Constitución da Xunta Electoral

8 novembro

Publicación:

-      

Convocatoria de eleccións nos diversos sectores educativos (Profesorado, familias, PAS):

-      

Censos electorais

Ata 15 novembro

Período de reclamacións ao censo.

Do 9 ao 16 novembro

Prazo de representación de candidaturas dos sectores dos sectores (profesorado, familias, PAS):

16 novembro

-      

Resolución Posibles reclamacións censo

-      

Proclamación candidaturas presentadas

-      

Apertura reclamacións candidaturas 18-19 novembro

22,23 e 26 novembro

(9:00 a 9:30 e 14:00 a 14:30)

Votación para todos os sectores.

30 novembro

Proclamar e publicar listaxe candidatos electos.

10 decembro

Reunión Constitución novo CE

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!

PROCEDEMENTO A SEGUIR NO CASO DE SÍNTOMAS COVID

Achegamos unhas sinxelas instrucións a seguir polas familias no caso da aparición de síntomas compatibles coa COVID-19.

 

Preme na imaxe para acceder ao contido:

Programa de acollida Guillarei

Deixamos a vosa disposición o Programa de acollida do noso centro. (preme na imaxe)

Nos vindeiros días iremos colgando máis documentos de interese realcionados co Protocolo COVID.

#seguimosnela #ningúnviruspodeconnós #ánimo

 

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS

Becas y Ayudas para Alumnos con Necesidades Específicas de Apoyo ...

 

 

Convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidade específicas de apoio educativo no curso académico 2020/2021

▶️ Prazo de presentación de solicitudes do 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

▶️ Podedes consultar calquera dúbida no Cole a partir do 1 de setembro.

 

 

Para máis información premede AQUÍ

 

LIBROS DE TEXTO 2020/2021

LIBROS DE ADIVIÑAS DE ANIMAIS

Xa podedes acceder ao GRAN LIBRO DAS ADIVIÑAS DE ANIMAIS que elaboramos coa aportación do alumnado. 

Seredes capaces de adiviñar todos os animais?

Animámosvos a que o intentedes!!

 

(Preme na portada para acceder)

 

TRANSICIÓN PRIMARIA SECUNDARIA

Os cambios sempre supoñen un momento de incerteza ante o descoñecido. Tod@s pasamos por ese momento e por iso queremos que o paso de Primara a Secundaria sexa o o mellor posible e despexar calquera dúbida que poidades ter.

Dende o Departamento de Orientación elaboramos un tríptico que seguro que vos axuda con algunha inquedanza. As que queden pendentes de resolver podedes formulárnolas telefónicamente ou a través do correo electrónico do colexio.

 

 

CONTINUAMOS (ORIENTACIÓN)

Boas de novo familias!!!!!
Moito ánimo que xa queda menos, xa faltou máis. Temos que continuar sendo responsables coma ata o de agora, que poidamos saír, non quere dicir que nos esquezamos tan rápido do que vivimos ás semanas anteriores.
Con calma e cautela!!!!
Envío as solucións das actividades que fixeramos do libro AMAR, sobre as palabras dozura e coidado, das cales vos envío as respostas.
Esta semana traballaremos sobre a estima, dedicación, escoita e a xenerosidade!!!!
Ánimo familias!!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut