Skip to Content

Música

A Banda de Música Popular de Tui

Onte recibimos na biblioteca do cole a catro músicos da Banda Popular de Música de Tui. Ensináronnos varios dos instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión que forman parte da banda, tocaron pezas que xa coñeciamos e arendéronnos algunha tamén; e o máis divertido: deixáronnos probar o saxo, o trombón, a trompeta, o xilófono e a batería. Pasámolo fenomena!!

 

COÑECEMOS O THEREMIN

Hoxe tivemos a sorte de recibir no colexio a Paulo Pascual. Paulo é músico, toca varios instrumentos, e agora está centrado no máis curioso deles, o Theremin. Falounos un pouco del, das súas posibilidades sonoras, tocou algunhas pezas e respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas. Quedamos abraiados, pois moitos de nós non sabiamos nin da existencia deste instrumento. Ademais, o mellor de todo, é que nos deixou probalo e foinos explicando a cada un cómo sacarlle son. Ao finalizar a nosa profe de música, Tere, e Paulo tocaron unha peza moi coñecida polo alumnado. Somos uns privilexiados. Moitas grazas, Paulo!! Pasámolo xenial.

La imagen puede contener: 1 persona, calzado

La imagen puede contener: 17 personas, personas sonriendo, personas sentadas, calzado e interior

La imagen puede contener: una o varias personas, personas en el escenario y cancha de básquet

Animais Encantadores 2

Hai varios anos xa, cando Susa Herrera publicou o libro-disco de Animais Encantadores, a nosa escola tivo o privilexio de participar gravando dous dos vídeos do mesmo. Como esta obra acadou tanto éxito, estase preparando unha segunda parte na que Susa volveu confiar en nós. Dous grupos de compañeiros/as, 3º e 5º, traballaron moi duro, e na última semana de curso gravaron cadanseu animal. Estamos impacientes por escoitar e ver o resultado no dvd.

Aquí tedes a foto dos nosos Crocodilos e Osos Panda.

Música Cubana

O 28 de febreiro recibimos outra estupenda visita, un concerto didáctico de Diana Tarín, cantante, percusionista e mestra de música cubana, neta dun africano e un galego, que nos falou de Cuba, da procedencia da súa música, dos ritmos e xéneros musicais propios da Illa, que nos trouxo moitos instrumentos de percusión cubanos, ensinounos a tocalos, e ata nos fixo bailar!!!

Para que vexades cómo foi a mañá, aquí queda unha selección de fotografías da actividade.

sentímolo, flash non está dispoñible.

En Cabárceno se oye cantar

O 17 de decembro de 2012 tivemos a sorte de contar na escola coa visita de Susa Herrera, unha grandísima pedagoga musical que viu presentarnos o seu último traballo, un libro-disco chamado "En Cabárceno se oye cantar" que contén cancións sobre animais de dito Parque da Natureza, como a xirafa, a avestruz, o león marino, o gorila....

Con Susa cantamos, aprendemos características e costumes dos animais, imitámolos e divertímonos moito.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut