Skip to Content

Educación Física

XOGADE (Dinamizacións Deportivas Intercentros) contra CEIP de Barrantes

 XOGADE (Dinamizacións Deportivas Intercentros) contra CEIP de Barrantes

No mes de decembro fixemos a convivencia co CEIP de Barrantes (Tomiño). Xogamos a bádminton, volei, fútbol sala, xadrez, e balonmán.

ATLETISMO EN PISTA

ATLETISMO EN PISTA 

O PASADO MES DE MAIO, O ALUMNADO 5º PARTICIPOU NA PROBA ZONAL DE ATLETISMO EN PISTA NAS INSTALACIÓSN DA MACOCA EN TUI.

TENIS NA ESCOLA

TENIS NA ESCOLA

UN ANO MAÍS PARTICIPAMOS NESTE PROGRAMA DENTRO DO PROGRAMA CORRESPONSABLES EN COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS.

DAFIS 23/24

DAFIS 23/24

UN ANO MÁIS O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NO PROGRAMA DAFIS REALIZANDO AS PROBAS FÍSICAS O CONTROL DE PARÁMETROS CORPORAIS.

PATIOS ACTIVOS 2024

PATIOS ACTIVOS 2023/24

UN ANO MÁIS NO TEMPO DE LECER DINAMIZAMOS DE XEITO VOLUNTARIO O TEMPO DE XOGO.

DESLIZAMENTOS, XOGOS PREDEPORTIVOS, XOGOS DE CHAN, ETC. FORON ALGHUNHAS DAS PROPOSTAS XUNTO A O PRÉSTAMO DE MATERIAL ONDE POR QUENDAS O ALUMNADO DE 6º E 5º COLABOROU DE XEITO ACTIVO.

 

 

ALOIADA 2024

ALOIADA 2024

No pasado mes de xuño durante 2 xornadas o alumnado de 6º participou nunha nova edición da Aloiada con alumnado doutras escolas de Tui.

Sen dúbida unha experiencia inolvidable.

Parabéns rapazada.

 

III MINI TRAIL ALOIA KIDS 2024

III MINI TRAIL ALOIA KIDS 2024

O 11 DE FEBREIRO VARIOS NEN@S DO COLEXIO PARTICIPARON POR 3º ANO NESTA PROBA ATLÉTICA NA MACOCA EN TUI.

MOITOS PARABÉNS A TOD@S.

 

 

 

CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO (TUI-2024)

O pasado sábado 6 de abril varios alumn@s e familias, participaron na CARREIRA SOLIDARIA DE SAN TELMO en Tui. Houbo representación en todas as categorías, nunha xornada onde o tempo deu unha tregua e puidose desfrutar moito.

XORNADA DE XOGOS DE LOITA (4⁰ curso)

O pasado 22 de marzo participamos nas xornadas de xogos de loita para as clases de 4⁰ curso de educación primaria. Os nen@s ademáis de ter unha xornada deportiva, conviviron con nen@s dos outros colexios de Tui.

VI CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O pasado  21 de marzo  celebramos a VI CARREIRA SOLIDARIA da nosa escola, onde fomentamos diversos valores, como a solidaridade e convivencia pacífica e e armonía dun xeito deportivo e divertido.

DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023

ENTREGA DIPLOMAS CAMPO A TRAVÉS 2023

 

Por fin chegaron os “diplomas” para os participantes no pasado campo a través do Borralliño 2023.

Nesta ocasión o alumnado premiado son dos cursos de 2º e 3º de educación primaria. Destacar as nenas de 3º, que por segundo ano consecutivo conseguen o 1º posto.

Moitos parabéns para os tod@s os participantes.

XOGOS DE LOITA (4º CURSO)

 

XORNADA DE XOGOS DE LOITA

O venres 22 de marzo imos participar na xornada de convivencia deportiva de “xogos de loita” no pavillón vello de Tui.

Esta xornada vai dirixida as clases de 4º curso de educación primaria dos centros educativos de Tui e Salceda de Caselas.

Os xogos son moi divertidos e a participación é moi alta.

O Sogatira, as colas do cabalo, dar a volta a tortilla, loita de xeonllos ou atrapa o balón, son algunhas das propostas lúdicas.

REMO TUI

REMO TUI

O mércores 11 de outubro de 2023. Visitaron as nosas instalacións 2 monitores do club Remo Tui. Trouxeron 1 embarcación de remo e 2 remo ergómetros; nos cales o alumnado puido probar as súas forzas.

Moitas grazas a Diego e o Remo Tui por contarnos cousiñas tan interesantes sobre esta modalidade.

BALONCESTO 2023

BALONCESTO 2023

O venres 22 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitores de club Baloncesto Tui. Fixeron xogos coa totalidade do alumnado de educación primaria.

 

Graciñas Basket Tui.

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

O 21 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitoras de baile da Academia Studio 57 de O Porriño. Fixeron bailar a totalidade do alumnado do colexio de infantil e primaria.

Os nen@s coñeceron estilos como fusión, danza, zumba, etc.

 Moitas grazas a Studio 57.

Distribuir contido


by Dr. Radut