xogade
XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CONTRA O CEIP DE REBORDÁNS
Enviado por Anónimo o 29 Novembro, 2022 - 14:40XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS
O pasado xoves 10 de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.
Destacar que foi unha xornada moi emocionante, xa que despois de case 3 anos non se podían organizar estas xornadas de convivencia por mor da pandemia.
Estivemos participante na 1ª xornada deportiva, na cal xogaron o alumnado de 6º, 5º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:
- Bádminton, Xadrez e Balonmán.
- Mini basket e Volei.
- Fútbol sala.
XORNADAS ZONAIS DE BÁDMINTON EN TUI
Enviado por Anónimo o 27 Xuño, 2022 - 13:13Durante o 2º e 3º trimestre durante 5 xornadas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria participou nas probas zonais de bádminton no pavillón de Randufe e na Carballa en Tomiño durante 5 tardes en horario de 16 a 19.30 horas.
Xornadas organizadas por AGRUDEBAM dentro do programa Xogade. Unha alegría retomar estas probas despois de 2 anos aprazadas.
Alumnado clasificado para as finais en Tomiño en maio 2022
MOI BOA PARTICIPACIÓN EN ATLETISMO EN PISTA
Enviado por Anónimo o 23 Marzo, 2022 - 10:23
O pasado venres o alumnado de 5º curso de educación primaria participou na xornada zonal de ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE xunto a outros colexios do Baixo Miño como Sobrada, Nº 1 de Tui, Randufe, Rebordáns, Nº 2 de Tui ou Pazos de Reis.
A xornada tivo foi un éxito de participación onde preto de 200 nen@s competiron nas diferentes modalidades atléticas de salto de lonxitude, carreira de velocidade (50 metros), lanzamentos de peso (2 kg) e vórtex, carreira de resistencia (500 metros) e a proba de relevos 4 x 80 metros por equipos.
Destacar a toda a clase durante toda a xornada cun excelente comportamento e actitude deportiva.
Salto de lonxitude (Lorena Vaz)
Lanzamiento de Peso (Pablo Fdez.)
Lanzamiento de Vórtex (Mara Argúelles)
ATLETISMO EN PISTA NA MACOCA 2022
Enviado por Anónimo o 17 Marzo, 2022 - 14:46ATLETISMO EN PISTA
Mañá venres 18 de marzo, nas instalacións da Macoca en Pazos de Reis (Tui); voltamos a participar nas probas de atletismo en pista coa clase de 5º de Ed. Primaria con outras 7 escolas de Tui e Tomiño, como por exemplo cos CEIP de Pazos de Reis, Rebordáns, Nº 1, Randufe, Sobrada ou Nº 2 de Tui.
Comezaremos as 10.30 coa 1ª quenda e series de:
- Lanzamento de Vórtex: Micaela Passos e Mara Argüelles.
- Carreira de Velocidade (60 metros): Erik Leyenda
- Lanzamento de Peso (2 kg): Pablo Fernández
Seguiremos coa 2ª quenda coas modalidades:
- Carreira de Resistencia (500 metros): Adam Kalai
- Salto de Lonxitude: Lorena Vaz
Para terminar a partir das 12.15 coa 3ª quenda; coa proba estrela da carreira de relevos 4x80 metros por equipos de 4 atletas:
- Lorena Vaz
- Erik Leyenda
- Adam Kalai
- Julián Álvarez
Causa baixa por lesión pero estara animando "Xoán".
Moita sorte e ánimo a tod@s.
SALTO DE LONXITUDE
SERIES DE VELOCIDADE
COMPAÑERISMO O MÁIS BONITO
CARREIRA DE RESISTENCIA (500 METROS)
LANZAMIENTO DE VORTEX
CAMPO A TRAVÉS PARA OS CURSO DE 3º E 5º DE ED. PRIMARIA
Enviado por Anónimo o 19 Novembro, 2021 - 11:23CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO
O MÉRCORES 24 de NOVEMBRO do 2021 no CEP PEDRO CASELLES de Tomiño, organízanse as carreiras escolares de Campo a Través en horario lectivo do Baixo Miño para as clases de 3º e 5º curso de educación primaria. As carreiras son en horario escolar entre as 9.45 e as 13 h. Todos os nen@s que participan nesta proba van ir acompañd@s polas súas titoras e o mestre de Ed. Física, antes do inicio farán exercicios de quecemento e ao rematar deberán estirar e abrigarse. Non se debe comer nada 1 hora antes da carreira como mínimo.
Estas probas deportivas seguirán o PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO recollido no programa Xogade 2021/2022 da Xunta de Galicia. https://www.deporteescolargalego.com/
MATERIAL: Se recomenda levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a camiseta do cole (ANPA) e o chándal do colexio no caso de telo. Levar unha mochila cunha muda completa (roupa e calzado) e o material de aseo (xabón e toalla pequena), por si fai falta cambiarse. Traer 2 mascarillas.
SERVIZOS NA XORNADA: Transporte gratis dende o colexio ida e volta. Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido practicamente por herba e terra. Hai vestiarios e aseos.
Cada nen@ ten que levar a súa merenda e unha botella de auga. Nas páxinas web www.agrudebam.es e na do colexio www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei hai máis información.
SAÍDA EN BUS DENDE O CEIP DE GUILLAREI ATA O CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO
REGRESO A GUILLAREI AO REMATAR AS CARREIRAS.
CATEGORÍAS E CURSOS |
DISTANCIAS APROXIMADAS |
Benxamín (nen@s de 3º curso) |
450 metros |
Alevín (nen@s de 5º curso) |
700 metros |
XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2021 - 11:41XOGOS POPULARES NO CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO
O xoves día 11 de Novembro, participamos coa clase de 6º curso de educación primaria nunha competición de “Xogos Populares” con outras 12 escolas do Baixo Miño (Salceda de Caselas, Tomiño e Tui).
GRUPO DE 6⁰ CURSO
Na xornada se xogaron 3 quendas, xogando aos Bolos Celtas, a Billarda e a Chave de Aspas. Ademais de participar, aprendemos cousiñas novas como un xeito diferente de xogar aos bolos (cos tiros e os birlo), na billarda co palán e o varal e na Chave cos peios ou pezas.
BOLOS CELTAS
A BILLARDA
BOLOS CELTAS
A CHAVE DE ASPAS
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA".
Enviado por Anónimo o 21 Septembro, 2021 - 11:27PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA"
O pasado venres 17 de setembro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Explicaron que este ano a novidade vai ser a creación da Academia Sara Tui sobre fútbol sala feminino.
PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Balonmán Tui".
Enviado por Anónimo o 15 Septembro, 2021 - 09:51PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 - CLUB BALONMÁN TUI
Estos días o alumnado da nosa escola tivo a sorte de coñecer un pouco máis do Balonmán e o club de Tui.
Moitas grazas aos seus monitor@s pola paciencia e tan boa disposición cos nen@s.
Destacar que na noso colexio vaise organizar de xeito GRATUITO a nivel EXTRAESCOLAR a actividade de BALONMÁN os MÉRCORES de 16 a 17 horas no noso pavillón.
Os interesad@s poden inscribirse no teléfono 677380222 (María Alfaya).
XORNADAS DE RETOS LÚDICOS EN LUGAR DO XOGADE
Enviado por Anónimo o 29 Xuño, 2021 - 12:59Este ano o XOGADE saiu a final de curso, e na nosa escola organizamos unhas xornadas especiais con retos ludicos e deportivos nas cales participou todo o alumnado de infantil e primaria respectando os protocolos do Covid19.
As xornadas forón moi divertidas e vivirónse con moita alegría e emoción.
Grupo de 6º
1º curso
Tiro con Arco
Xogo dos bolos
Escalada
Floorball
Bádminton
Floorball e fútbol sala
NOVO EQUIPO DE MESTRES DO PVAD "Guillarei activo e saudable".
Enviado por Anónimo o 29 Septembro, 2020 - 11:12O día 21 de setembro constituímos o novo equipo de deporte escolar da nosa escola, o cal vai estar formado durante o curso escolar 2020/2021 polos seguintes mestr@s:
- Olaia Conde Fernández (represanta a educación infantil)
- Mª Luz Conde Moldes (representa ao 1º ciclo)
- Fernando Domínguez Sobral (coordina o equipo e representa ao 2º ciclo)
- Vega Sánchez Campos (representa ao 3º ciclo)
Ademáis de constituir o equipo, repasamos o calendario de actividades do curso e as propostas e novidades surdidas neste período do COVID 19.
Estamos pendentes das novidades do plan Proxecta e da Xunta de Galicia para ver que se pode facer durante este curso escolar.
FINAIS DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 27 Abril, 2020 - 13:18Aquí tedes a este gran equipo que represetou a escola no pavillón da Carballa. Destacar ao capitán Xabier Argúelles.
IV DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CO CEIP DE TEBRA (Tomiño)
Enviado por Anónimo o 26 Marzo, 2020 - 12:56O pasado mércores 11 de marzo participamos na 4.ª xornada de dinamización INTERCENTROS co CEIP de Tebra de Tomiño.
Nesta ocasión as clases de 3⁰ e 5⁰ de educación primaria foron os protagonistas. Coma sempre a mañá foi moi intensa xogando a bádminton, balonmán, voleibol, baloncesto, xadrez e fútbol sala.
O máis importante foi a convivencia e as emocións nos distintos xogos.
Clases de 3⁰ curso de educación primaria.
Bádminton
Fútbol Sala
Xadrez
Baloncesto
FASE FINAL DE BÁDMINTON EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 19 Febreiro, 2020 - 13:15Hoxe mércores 19 de febreiro do 2020 imos participar na fase final de bádminton do Baixo Miño no pavillón da Carballa en Tomiño.
Van representar a nosa escola os seguinte alumn@s:
- Brais Alfaya
- Violeta Coello
- Houda El Jabraoui
- Lorena Vaz
- Mara Argüelles
- Antonio Soto
Moita sorte a tod@s e a disfrutar facendo deporte.
Lembrar o bus sae as 15.50 e regresa sobre as 20 horas aproximadamente ao colexio.
PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS EN VIGO
Enviado por Anónimo o 4 Febreiro, 2020 - 10:47Mayra, Uxía, Houda, Alejandra, Laura e Kholoud (Equipo Infantil Fem.)
O pasado sábado 1 de febreiro de 2020, celebrouse a proba provincial de campo a través no parque de Castrelos de Vigo. O noso colexio participou en varias categorías. Tod@s correron con moito esforzo e ilusión.
Moitos parabéns a todos os participantes.
Anais e Lorena (Benxamín Fem.)
Saula (Cadete Fem.)
Taha (Benxamín Masc.)
Anais (Benxamín Fem.)
PRIMEIRAS XORNADAS DE BÁDMINTON NO CEIP DE RANDUFE
Enviado por Anónimo o 4 Febreiro, 2020 - 10:38Houda, Violeta, Brais e Gabriel (Categoría Alevín)
Esta semana comezan a 3ª xornada de bádminton escolar que se está celebrando no pavillón do CEIP de Randufe baixo a organización de Agrudebam. A nosa escola este curso participa en dúas categorías (Benxamín e Alevín).
Giovanni, Antonio, Micaela, Mara e Lorena (Categoría Benxamín).
Micaela (Benxamín)
Mara e Lorena (Benxamíns)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »