ÁMBITO TEMPORAL 1: FORA DO CENTRO E FORA DO HORARIO LECTIVO

XORNADAS ZONAIS DE BÁDMINTON EN TUI

Durante o 2º e 3º trimestre durante 5 xornadas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria participou nas probas zonais de bádminton no pavillón de Randufe e na Carballa en Tomiño durante 5 tardes en horario de 16 a 19.30 horas.

Xornadas organizadas por AGRUDEBAM dentro do programa Xogade. Unha alegría retomar estas probas despois de 2 anos aprazadas.

Alumnado clasificado para as finais en Tomiño en maio 2022

BÁDMINTON ZONAL

Onte remataron as xornadas previas no pavillón de Randufe de Bádminton. 

Felicitar a tod@s os participantes pola seu comportamiento e actitude deportiva. 

Hoxe tocálle a quenda a xornada final en Tomiño no pavillón da Carballa desde as 16 ata as 20 horas.

Pola nosa escola están clasificados os seguintes alunn@s:

  • Antonio Soto (6⁰)
  • Lorena Vaz (5⁰)
  • Erik Leyenda (5⁰)
  • Mara Argüelles (5⁰)
  • Pablo Fdez. (5⁰)
  • Xoán Gregores (5⁰)
  • Xabier Rguez. (4⁰)
  • Lucas Fandiño (4⁰)
  • Xoel Cruces (4⁰)

Moita sorte e parabens.

XORNADAS DE BÁDMINTON - XOGADE

XORNADAS DE BÁDMINTON - XOGADE

Desde o 26 de abril estamos participando cun grupo de 18 alumn@s os martes polas tardes desde as 16 horas ata as 19.15 horas no pavillón do CEIP de Randufe en Tui, nas xornadas escolares de Xogade de bádminton; organizadas por Agrudebam.

Temos representación en 2 categorías, benxamín e alevín mixtas.

A falta de 1 xornada para rematar o 24 de maio e as finais o 25 en Tomiño; o alumnado está disfrutando moito.

Parabéns nen@s e moitas grazas a Javier Argüelles pola súa axuda e implicación; sen tí isto non sería posible.

ALOIA TRAIL MINI KIDS 2022

ALOIA TRAIL MINI KIDS 2022


O pasado sábado 7 de maio varios alumn@s do noso colexio participaron na proba deportiva de carreira por montaña na Macoca en Tui.

Moitos parabéns para tod@s.

ÁMBITO 1: FORA DO CENTRO E FORA DO HORARIO LECTIVO

Neste ámbito están recollidas as actividades de promoción de actividade física en tempos de lecer, vacacións, fin de semana, etc.

Este por mor do COVID19, non poidemos participar; máis cando se poida ao igual ca outros anos retomaremos as propostas e proxectos anteriores como por exemplo:

  1. Probas deportivas do XOGADE (Campo a través, Atletismo en Pista, Bádminton, ...).
  2. Saída a neve. (Viaxe a Leitariegos cos grupos de 5º e 6º de educación primaria. Iniciación ao esquí nórdico.
  3. Campamentos.
  4. Actividades no medio natural como o proxecto da "ALOIADA" co resto das escolas do concello de Tui.
Distribuir contido