Actividades no medio natural

VI CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O pasado  21 de marzo  celebramos a VI CARREIRA SOLIDARIA da nosa escola, onde fomentamos diversos valores, como a solidaridade e convivencia pacífica e e armonía dun xeito deportivo e divertido.

PROMOCIÓN DEPORTIVA NA ESCOLA (CLUB KAYAK TUDENSE)

PROMOCIÓN DEPORTIVA NA ESCOLA (CLUB KAYAK TUDENSE)

UN ANO MÁIS TIVEMOS A GRAN SORTE E OPORTUNIDADE DE VISITAR O CENTRO INTERFEDERADO DE PIRAGÜISMO "QUIQUE MÍGUEZ", COÑECER AS SÚAS INSTALACIÓNS E IR AO RÍO MIÑO NAS PIRAGÜAS.

ESTA ACTIVIDADE ESTABA PENDENTE DE FACER, XA QUE EN XUÑO PASADO FIXO MAL TEMPO, CO CAL DECIDIUSE DEIXAR PARA SETEMBRO.

PARTICIPARON AS CLASES DE 6º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

MOITAS GRAZAS A TODO O CLUB KAYAK TUDENSE, ESPECIALMENTE A MANU, CARMEN, NEGRO E A MANU GARRIDO.

ULTIMATE (INICIACIÓN COA TEACHER LUCÍA - AUXILIAR DE CONVERSA DE USA)

ULTIMATE (INICIACIÓN COA TEACHER LUCÍA - AUXILIAR DE CONVERSA DE USA)

 

OS CURSOS DE 6º, 5º, 4º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TIVERON A SORTE DE INICIARSE NO "ULTIMATE" , DEPORTE POPULAR EN USA. 

LUCÍA MINAHAN (AUXILIAR DE CONVERSA DE SEATLE), XUNTO A ZACK E EU, INICIAMOS AOS NEN@S NESTE XOGO E DEPORTE ONDE O USO DO FREESBE É A CLAVE.

MOI DIVERTIDO.

THANK YOU LUCÍA E ZACK

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Os pasados 15 e 16 de xuño participamos co alumnado de 6º curso na XV edición da Aloiada 2023.

Este ano recuperamos a total normalidade na realización das actividades, puidendo pernoctar no cumio do monte Aloia, na tan desexada "acampada". Participamos 6 colexios de Tui: Nº 1, Nº 2, Caldelas, Pazos de Reis, Rebordáns e Guillarei.

O resto das actividades foron as seguintes:

XOVES 15

* Charla de bemvida e presentación do proxecto por Bea (Nº 2 de Tui) e Jose (C. Montes de Vincios).

MONTE GALIÑEIRO: 5 obradoiros

  1. ESCALADA E RAPPEL.
  2. NÓS DE MONTAÑA.
  3. PRIMEIROS AUXILIOS.
  4. ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  5. XOGOS DE AVENTURA CO GRUPO DOS SCOUTS DE TUI.
  6. ANDAINA DO GALIÑEIRO ATA O ALOIA.
  7. ACAMPADA NO ALOIA.

VENRES 15

  1. SENDERISMO DESDE O ALOIA ATA O RÍO MIÑO.
  2. VISITA AULA DA NATUREZA DO ALOIA.
  3. RÍO TRIPES.
  4. PARQUE DO PENEDO.
  5. KAIAK NO CENTRO INTERFEDERADO NO RÍO MIÑO.

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022) - HORARIO LECTIVO

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022) - HORARIO LECTIVO

V CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

V CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

PROTECTORA ALOIA

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

PROBA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA CONTORNA DO COLEXIO

PROBA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA CONTORNA DO COLEXIO

No mes de xuño na contorna da escola organizamos unha Carreira de Orientación Deportiva para o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

 

 

INICIACIÓN AL PIRAGÜISMO

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

A principios de xuño as clases de 3º e 4º de educación primaria, tiveron a sorte de facer unha saída a Tui moi completa:

1º viaxe en tren turístico dende o colexio ao centro de Tui.

2º ruta guiada e busca de pistas seguindo a procura do tesouro de Dona Urraca.

3º merenda no parque do Penedo e xogos de lecer.

4º Iniciación ao piragüismo grazas ao club Kayak tudense.

 

 

ALOIADA 2022

ALOIADA 2022

ALOIADA 2022

Maña xoves 16, tras 2 anos sen poder participar o alumnado de 6⁰ curso de educación primaria volverá desfrutar do proxecto da Aloiada.

Esperemos que o tempo atmosférico axude, e poidamos vivir esta experiencia con moita ilusión e emoción.

Escalada, rappel,  Orientación deportiva,  Xogos cos Scouts de Tui, Nudos, sendeirismo ou Piragüismo son algunhas das actividades preparadas en convivencia con outras escolas de Tui.

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

A semana pasada organizamos unha xornada especial toda a comunidade educativa da nosa escola, onde despois de case 2 anos volvemos a divertirnos facendo deporte e concienciarnos do importante de ser solidarios cos demais.

Neste ocasión recadamos “LEITE E CACAO”, para o banco de alimentos da ONG “SOS BAIXO MIÑO”.

A continuación poderedes un resumo fotográfico das carreiras.

 

Nen@s de infantil

3⁰ curso

4⁰ curso co seu tutor

Iniciación ao piragüismo

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

 

Aloiada 2019

ALOIADA 2019

 

 

A mediados do pasado mes de xuño, un ano máis participamos na ALOIADA co resto de escolas do concello de Tui.

Este ano houbo varias novedades, xa que nos obradoiros que se organizan a carón do monte Galiñeiro, os nosos rapaces e rapazas atoparonse con 2 sorpresas. Unha delas foi a ximcana organizado polo grupo de scouts de Tui, que prepararon varios xogos e retos divertidos e a outra foi a de slack line organizada polo mestre Xosé Antón, sen dúbida todo un desafío de equilibrio.

Polo de máis destacar a convivencia entre os case 200 alumn@s dos 8 colexios tudenses durante estas 2 xornadas de xoves e venres, onde fixemos escalada alpina, rappel, primeiros auxilios, prácticas de cabuyería, orientación deportiva, acampada no monte Aloia, xogos de noite, senderismo polas sendas do Galiñeiro, monte Aloia, río Tripes e piragüísmo no río Miño.

Unha gozada despedir a étapa no ensino de primaria e coñecer nov@s amig@s.

Material preparado

No albergue do Aloia

Na base do Galiñeiro

Camiño as paredes do Galiñeiro para facer escalada.

Obradoiro de nudos

 

 

 

 

Xornada de xogos populares do Baixo Miño

Durante o pasado mes de xuño, celebrouse nas instalación do CEP Pedro Caselles de Tomiño unha xornada de xogos populares e convivencia con outras escolas do Baixo Miño.

A xornada consistiu na práctica de partidas do Xogo da chave de Aspas, de Billarda e de Bolos Celtas.

Participaron as clases de sexto curso, destacando que todo o alumnado xogou en equipo e disfrutou dunha experiencia nova para moitos.

Parabéns para todos.

Xogo da Billarda

Bolos Celtas

Xogo da Chave de Aspas

 

 

LEITARIEGOS 2019 (Iniciación ao esquí)

 A CONTINUACIÓN TEDES UN BREVE RESUMO EN IMAXES DA VIAXE A ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS EN LEÓN, ONDE UN GRUPO DE ALUMNOS DE QUINTO E SEXTO CURSO DE PRIMARIA TIVERON O SEU BAUTISMO NA NEVE INICIÁNDOSE O DEPORTE DO "ESQUÍ".

SEN DUBIDA FOI UNHA GRATA EXPERIENCIA A CAL NUNCA OLVIDAREMOS.

Distribuir contido