Blog de EDLG

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como o prometido é deuda...

Aquí tedes o resultado da actividade que eliximos para celebrar o Día das Bibliotecas!!

Agardamos que vos guste e que todos os nenos e nenas decidan poñer en práctica as recomendacións!!

Grazas familias, pola vosa colaboración!!!

 

BENVIDOS AO CURSO 2015-16

 

Curso 2015/16

 

XA COMEZAMOS UN NOVO CURSO E, COMO VÉN SENDO HABITUAL, NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA IRÉMOSVOS DANDO CONTA DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS...

DESTA VEZ, XUNTO COA BIBLIOTECA ESCOLAR, SOLICITÁMOSVOS A VOSA COLABORACIÓN PARA ELABORAR UNHA RECOLLEITA DOS LIBROS FAVORITOS DOS NENOS E NENAS DO COLE. ASÍ CONMEMORAREMOS O DÍA 24 DE OUTUBRO, O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES".

 

PEDÍMOSVOS QUE NA PLANTILLA QUE VOS MANDAMOS, ESCRIBADES O TÍTULO DO LIBRO QUE LLE RECOMENDADES LER AOS OUTROS NENOS/S E O ACOMPAÑEDES DUN DEBUXO RELACIONADO CO MESMO...

EN BREVE VEREDES UNHA GRAN FOTO CON TODAS AS VOSAS ACHEGAS!!

 

LETRAS GALEGAS 2015 NO GÁNDARA-SOFÁN

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2015, NO NOSO CENTRO LEVÁRONSE A CABO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES A PROL DA NOSA CULTURA E DA NOSA LINGUA.

TRABALLOS REALIZADOS EN RELACIÓN CO AUTOR HOMENAXEADO NESTAS LETRAS (XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE).

 

EXPOSICIÓN NA AULA DE MÚSICA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS PARA COÑECER OS SEUS NOME E AS SÚAS DIFERENTES PARTES.

 

VISITA DUN CONSTRUCTOR DE GAITAS GALEGAS DA ZONA (ADEMAIS É AVÓ DUNHA ALUMNA DO CENTRO).

 

UNHAS NENAS E NENOS E 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA INTERPRETARON O TEMA DE "A SAIA DA CAROLINA" ACOMPAÑADO DUNHA PANDEREITADA. IGUALMENTE INTERPRETAMOS O HIMNO GALEGO E BAILAMOS CO TEMA "O GAROTIÑO".

 

 

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!

 

 

 

 

VISITA DE HÉCTOR LORENZO

Con motivo da vindeira celebración o Día do Libro (23 de abril), o luns día 20 de abril, recibimos no centro a visita dun músico moi especial; Héctor Lorenzo.

É un artista que pon música aos poemas en galego do poeta Raúl Gómez Pato, e móstraos aos máis pequenos. Estes participan, cantan e colaboran dun xeito moi dinámico facendo así que os máis pequenos se acheguen á poesía.

Mirade algunhas imaxes da actuación da que disfrutamos todos e todas no CEIP Gándara-Sofán.

  

 

FELICITAMOS OS ANIVERSARIOS CANTANDO EN GALEGO

Dende o concello de Carballo, e máis exactamente dende a Mesa para a Normalización Lingüística do mesmo, propuxéronnos ao centro que empregaramos un tema en galego interpretado polo Coro Vagalume de Carballo para celebrar os aniversarios.

E nós, vendo que está moi ben feito e é moi interesante, queriamos compartilo con todas as familias para que tamén vós nas casas o escoitedes e celebredes con el os aniversarios dos vosos seres queridos.

Pinchade aquí e poderédelo ver e escoitar.