Blog de EDLG

ENTROIDO

Chegou o ENTROIDO a GALICIA,

comeza a nosa viaxe,

imos a pobos e vilas,

coñer aos personaxes.

A pasada semana celebramos o Entroido no cole. De luns a xoves xogamos aos "Mandadiños", o noso esqueleto Manolito daba as instrucións para cada día, e o venres, disfrazámonos todos/as de espantallos.

Ademais cada curso buscou información sobre os diferentes Entroidos que se celebran en Galicia (Verín, Cobres, Xinzo...) facendo murais informativos, que logo nos serviron para xogar cos escornabots que temos no cole. Aquí tedes algunhas imaxes dese día.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para ver máis fotos picar en galería de imaxes.

 

 

Magosto 2016

O 11 de novembro celebramos o magosto no noso centro. Comemos castañas ata fartar e os maís habilidosos participaron no concurso de peóns. Este ano o gañador foi Roi Vázquez de 6º de primaria. Aquí están os finalistas de cada clase e o gañador do concurso:


A través do Taboleiro da Lingua coñecemos un pouco máis desta tradicional festa galega, e posteriormente realizamos nas aulas disntintas actividades relacionadas con este día.

 

Para ver máis imaxes picar en galería de imaxes.

 

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro o cole de Sofán vestiuse de negro terrorífico para dar a benvida a unha das nosas festas máis divertidas e esperadas: O SAMAÍN!!!

Realizamos moitos xogos nos que as bruxas, arañas e cabazas eran as protagonistas. Pasámolo xenial!!

Ademais desfrutamos un ano máis do tradicional concurso de cabazas. Este curso as categorías participantes eran:

  • A cabaza máis terrorífica
  • A cabaza máis orixinal

Aínda que a cousa andivo reñida, as gañadoras deste ano foron Irene de 5º de primaria e Valeria de 6º de Ed.Infantil.

cabaza máis terrorífica     

 

Para ver estas e outras imaxes das marabillosas cabazas participantes accede á nosa galería de imaxes!!!

LETRAS GALEGAS 2016

Co gaio da celebración das Letras Galegas no noso centro, foron moitas as actividades que fixemos para homenaxear a Manuel María!!

 

Visitounos Manuel de Paderne e deleitounos con versos de Manuel María!!

 

Interpretamos "Caracol, caracoleiro" (interpretada por Suso Vaamonde e con letra do poema do autor homenaxeado) e uns compañeiros/as e grandes artistas tocaron e cantaron en galego!!

 

 

 

Fixemos unha pequena exposición con información sobre Manuel María e en cada aula traballouse un pequeno poema da obra "Soños na gaiola"!!

  

Empregamos os "escornabots" para facer xogos con datos da vida e obra de Manuel María!!

E practicamos moito nos E.D.I.s con enlaces Lim sobre o autor!!

Participamos nunha carreira de orientación na que todas as probas e preguntas discorrían arredor do autor homenaxeado!!


E este foi o equipo gañador!!!!

 

Pasámolo xenial!!!

Feliz día das Letras Galegas!!!

 

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

NESTE CURSO, ESTAMOS DESENVOLVENDO UN PROXECTO MOI INTERESANTE QUE PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA E QUE TEN COMO EIXO FUNDAMENTAL O FEITO DE QUE ESTE ANO 2016, É "O ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES".


POLO QUE NO COLEXIO, DECIDIMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO TENDO EN CONTA ESTE DATO.


COMEZAMOS FACENDO UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS E CONTOS QUE TRABALLEN O TEMA DOS VEXETAIS, DA HORTA, DO COIDADO DO CAMPO... E NA QUE A MAIORÍA DOS ALUMNOS/AS COLABORARON FACENDO RIMAS E PEQUENOS POEMAS CO TEMA CENTRAL DAS LEGUMES. FOI MOI DIVERTIDO E SAÍRON COMPOSICIÓNS VERDADEIRAMENTE CHAMATIVAS!!



TAMÉN HOMENAXEAMOS A WILLIAM SHAKESPEARE E A MIGUEL DE CERVANTES TRABALLANDO A SÚA VIDA E OBRA E REPRESENTANDO GRÁFICAMENTE CON MOSAICOS FEITOS CON LEGUMES, AS IMAXES E TÍTULOS POLOS QUE SON MÁIS RECOÑECIDOS.


 


E ASÍ DE BONITO E VISTOSO QUEDOU O TABOLEIRO DA LINGUA!!!



FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS E TODAS!!