Outras actividades

VISITAMOS A MADROA NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

visita á Madroa

Hoxe , 5 de xuño, Día do Medio ambiente, o alumnado de 4º de primaria, fixemos unha saída aos bosques de "A Madroa" en colaboración co Plan Comunitario de Teis e coa Comunidade de Montes.

Fomos vendo cada árbore polo miúdo. Aprendemos moito do ecosistema formado polo bosque autóctono de Galicia.

Xa case acertamos as preguntas das distintas árbores e pasámolo moi ben.


MAR GUERRA E OS SEUS XOGOS DE PALABRAS

Mar Guerra, a autora de Xenaro e o misterio da mochila verde, visitou o noso colexio.

mar guerra

Contaxiounos o seu entusiasmo polas palabras e contounos un montón de historias personais, algunhas delas moi divertidas. Despois de charlar e facer un xogo para elixir a nosa palabra favorita en galego, firmou unha morea de autógrafos, algúns deles con dedicatorias moi interesantes. Botade unha olla na seguinte reportaxe fotográfica.

Moitas grazas, Mar !

PERCUSIÓN CON PAULO SILVA

 

paulo silva

 

O Alumnado de 4º tivemos o día 29 de maio un obradoiro de percusión. Paulo Silva, un monitor brasileiro, explicounos un poco a cultura do Brasil e de donde veñen os ritmos. Despois na aula de música estivemos cantando, bailando e seguindo o ritmos que nos propuxo. Como podes ver no seguinte vídeo:


Que ben o fixemos e canto nos divertimos !!!

A VOLTAS COA LINGUA

O alumnado de 4º tivemos a actividade "Ludoteca lingüística" que nos ofreceron dende o departamento de Normalización do Concello de Vigo.

Pasámolo moi ben, participamos con interese e comprometémonos a falar a lingua galega para que non desapareza.

"MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA"

O alumnado de 2º nivel participou na actividade "Mario pensaba que o galego non servía para nada" que dende a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo tivo lugar no noso centro pormedio do grupo "Polo correo do vento"


Fixeron un conto ilustrado, e mesmo cada neno e cada nena debuxou un pirata seguindo as indicacións do ilustrador Carlos Álvarez e do autor  Enrique Mauricio.

Pasárono moi ben e comprobaron como o galego é un idioma que pode ser moi útil.

 

Powered by Drupal - Design by artinet