Había unha vez...!

HISTORY OF THE CIRCUS

Our PDI is ONCE UPON A TIME... at the CIRCUS and at grade 1B they are working on the History of the Circus.

Let's help them with this presentation that Katie has prepared to them

 Then we have made a lot of activities at ART lessons as

Decorate our class door

class door 1B

Some Castles with plasticine

A big top and all the performers

 

Obradoiro de Arno Stern, o circo e nós

Ás nenas e aos nenos de 5 anos gústanos ver os animais vivindo en liberdade. Así que decidimos representar ao "Circo do Sol" xa que non utilizan animais. Como aprendemos sobre todo mediante os nosos sentidos, mergullámonos no circo mediante as técnicas do artista Arno Stern e así utilizamos o tacto e a vista. A música do espectáculo "Alegría" fíxonos gozar co oído. As emocións que sentimos foron ledicia, pracer de crear, sorpresa e satisfacción polo resultado. Aprendemos que as actividades en grupo teñen algo especial. Non sería posible sen a colaboración de todas e cada unha das persoas que participaron. Grazas Rosa e Tere pola vosa axuda!

Celebración do Día da Muller traballadora

Hoxe, 8 de marzo, "Día da Muller traballadora" realizamos un acto sinxelo, pero moi significativo.

 

O alumnos e alumnas de 3ºB fixeron de mestres/as de ceremonias no salón de actos para cantar todos e todas xuntas o rap que tan maxistralmente compuxeron e interpretaron.

 

 

Nunha caixa preparada para tal fin, o alumnado de todo o colexio, deixou os seus debuxos sobre mulleres do circo.

 

 

Á hora da salida os familiares que se achegaron ó patio puideron contemplar algúns destes traballos.

 

 

Queremos que todos os días sexan 8 de marzo!

8 de marzo, Día da Muller traballadora!

 O 8 de marzo celébrase o Día da Muller traballadora.

En 1911 algúns países (Dinamarca, Alemaña, Austria e Suiza) realizaron a primeira convocatoria deste día; non foi ata 1977 cando a ONU proclamou o 8 de marzo:

"Día Internacional por los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional"

muller traballadora

Porta decorada de 3º B, inspirada nunha obra de Botero

 

 

Este ano, atendendo o noso PDI: "Había unha vez...", aproveitamos un excelente traballo do alumnado de 3º B, que comparte con nós para este día. 

 

Rap: "As mulleres do circo son"

 

As mulleres no circo poden ser

todo aquilo que elas queiran ser.

As mulleres do circo presentan a función,

ao final do acto apluidimos un montón.

Si, mulleres no circo hai

sendo trapecistas e domadoras de leóns.

As mulleres do circo magas son

sacando os coellos de chisteiras de cor.

Bailarinas son e comezan a bailar,

non paran de xirar, de xirar e xirar.

As mulleres do circo acróbatas son

moi boas saltando e volteando ao chou.

Coas pallasas a función podes asistir

e xa verás como non paras de rir.

As mulleres do circo son...

As mulleres do circo son...

 

Grazas por compartir o voso traballo!

 

Mañá todas e todos subiremos ó salón de actos a cantar este rap!

 

 O Equipo Tic recoméndavos os seguintes enlaces  ::

 LIM da nosa compañeira Belén Junquera de "Casa de tol@s"

 

 

A nosa compañeira, Nela Abella, comparte este lim sobre muller e ciencia

 

 

Tamén de  Nela Abella, este Lim sobre Clara Campoamor

lim

 

En LIM  tamén, Clara Campoamor e o inicio do voto feminino.

Para o 3º ciclo de primaria

Para Educación Infantil e 1º ciclo

A nosa compañeira Ana Martínez, para traballar o tema da igualdade libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS.

"Había una vez...un circo"

 

O 24 de febreiro a nosa comparsa "Había unha vez...o circo", que con tanto esmero estivemos a preparar, tomou as rúas do noso barrio. Coellos saíndo de chisteras, pallasos, mimos, Fofitos, magos, emocións e nenos e nenas anuncio desfilaron para os seus familiares e veciños.

Antes de saír á rúa posamos cos nosos disfraces:

 

 

Preparándonos nas aulas antes do desfile, reportaxe fotográfica feita polo alumnado de 6º:

 
As nosas pancartas:
 
 
E chegou o momento do desfile:
 

Powered by Drupal - Design by artinet