Había unha vez...!

3ºB: "As mulleres do circo"

As mulleres no circo foi o tema elexido por o alumnado de 3ºB para elaborar o seu proxecto documental. Realizaron unha viaxe pola historia do circo para decatarse da importancia que tiveron e teñen as mulleres nas artes circenses. Despois deste traballo de investigación, decidiron plasmar toda a información recollida dunha forma moi orixinal e divertida: inventando e cantaron un “rap” sobre as mulleres.

Disfrutade deste traballo tan musical :

Parabéns 3ºA!

2ºB "Montando un circo"

2 ºB  presenta : “MONTANDO UN CIRCO”

 

 Os nenos e as nenas de 2º B  querían  montar un circo e para iso estiveron buscando información e recollérona toda neste gran traballo. Investigaron os distintos tipos de circos, as súas partes, os traballadores que os montan,  os personaxes que actúan, cómo son as entradas...de tal xeito que xa están preparados para  montar o seu propio circo.

 

 

                   Prestade moita atención porque xa se levanta o telón!

 

 

Guardar

4ºB e "Os animais do circo"

   O alumnado de 4º B  investigou  o habitat natural dos animais que ás veces viven nos circos. Identificaron as súas características e fixeron mapas das reservas de animais que existen na actualidade. Unha aposta por sacar os animais das gaiolas e deixalos en liberdade.

 

Prestade moita atención a seguinte presentación:

 

 

E así nolo contoron:

 

        Grazas 4º B!

 

 

 

 

6ºA e "O circo como empresa"

O alumnado de 6ºA traballou este curso a organización das empresas, así para afondar no PDI deste ano "Había unha vez..." pensou no circo, pero desde a visión de empresario. Prestade atención ó seguinte documento para ver a que conclusións chegaron:

 

 

Un grupo de voluntarios de 6º A explícanos que debemos ter en conta para ter un circo propio e dar espectáculo polas cidades.

Prestade moita atención, parecen empresarios non si?

 

Guardar

Guardar

"Os mimos" de 2º A

Os mimos foi o tema elexido por os alumnos e alumnas de 2ºA para traballar o  proxecto documental. O resultado foi un gran traballo de investigación  dos mimos máis famosos da historia do circo.

Imitaron as súas expresións,os seus movementos e conseguiron converterse en auténticos artistas do mimo.        Parabéns 2º-A!!

Silenciooo...a disfrutar dos mimos

Powered by Drupal - Design by artinet