Nas clases de plástica de 6º, o alumnado, dirixidos pola mestra Luz, deron cadansúa versión do seguinte debuxo.
E, este é o resultado:
Nas clases de plástica de 6º, o alumnado, dirixidos pola mestra Luz, deron cadansúa versión do seguinte debuxo.
E, este é o resultado:
No 4º nivel fixemos un obradoiro de volume para aprender mellor as figuras xeométricas. Construímos prismas e pirámides con cartolinas, escarvadentes, paus de brochetas e plastilina. Xa sabemos que cando se manipula a aprendizaxe fíxase máis e non se olvida un das cousas.
Botade unha ollada ós nosos traballos:
O día da Poesía, 21 de marzo, aproveitamos para facer unha actividade compaxinando ferramentas dixitais e analóxicas. Traballamos distintos recursos literarios en poesías elixidas por nós mesmos e atopadas en distintas páxinas web. Escribímolas a xeito de caligrama. Moitos de nós escollemos poesías de Rosalía de Castro. Non contamos nada máis, podedes ver os nosos traballos nas seguintes presentacións:
O alumnado de 1ºA está a coñecer o mundo animal. Un dos traballos que fixeron, foi facer fichas técnicas dos seus animais favoritos. Botade unha ollada:
Vigolandia, de novo premia o traballo dunha alumna do noso colexio
A nosa compañeira Sara Gutiérrez García, de 6ºB, recibiu hoxe un premio polo seu debuxo no concurso de Vigolandia, que este ano trataba o tema "A solidaridade no Nadal"; xunto con nenos e nenas doutros colexios de Vigo. Acompañada por Luz, mestra responsable de organizar esta actividade; e Ana, a súa titora; recibiu o diploma da man do Excelentísimo Alcalde da nosa cidade. Asistiu a entrega o Sr. Arsenio, Director do IFEVI, e reporteiros de distintas televisións. Rematou o acto recollendo moitos agasallos.
Deixámosvos unhas fotos deses momentos e da volta ao cole onde esperábanlle os seus compañeiros moi emocionados.
Noraboa Sara!
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
WORKING ON GUSTAV KLIMT | 29/12/2023 - 17:19 |
UGLY CHRISTMAS SWEATER DAY | 29/12/2023 - 16:50 |
FELICITACIÓN NADAL 2023 | 20/12/2023 - 22:10 |
ABALAR MÓVIL | 20/12/2023 - 17:12 |
CROSS ESCOLAR 23/24 | 19/12/2023 - 19:48 |
DÍA DA DISCAPACIDADE | 19/12/2023 - 19:41 |