Traballos escolares

traballos escolares

ORATORIA NO NADAL

Desde Oratoria en 4°A e B queremos darvos ideas para facer adornos de Nadal.  Quedan moi ben e teñen un proceso de realización moi sinxelo. Mirade con atención!

 

Desexamos que vos gusten!!

 

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

Estatuto 1

Durante a semana do 5 de decembro o alumnado de 2° e 6° de Primaria, estivemos a traballar no Estatuto de Autonomía de Galicia e elaboramos este mural reflectindo os nosos símbolos máis relevantes:

o himno, a bandeira, o escudo, o noso mapa, a Catedral de Santiago e o Camiño; así como unha selección de palabras da nosa Lingua e escritores e escritoras galegas. 

Estatuto 2

 

Estatuto 3

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

radio1


O alumnado de 3º A e B de Primaria celebraron o Día Internacional dos Dereitos Humanos, creando unha escolma de anuncios radiofónicos onde expresan os nosos dereitos e deberes.

 

radio2

 

 

 

 

Proxecto en Valores de 6º

Sabemos como vos sentides, todos e todas podemos ser refuxiados/as...

 

Frian Films presenta:

 

“UNHA HISTORIA DE REFUXIADAS E REFUXIADOS”

 

  Neste curso, no segundo trimestre, incorporouse a clase de 6º un neno refuxiado que saíu do seu país, Siria. Na clase de valores comezamos a investigar no tema dos refuxiados e refuxiadas. Decidimos facer unha curta intentando poñernos na situación de alguén que chega a un país descoñecido . Escribimos o guión entre todos os  equipos e despois repartimos as funcións de cada un. Convertémonos en actores e actrices, técnicos de son, cámaras, persoal de vestiario e sen máis... puxémonos a gravar.

 

  

 

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DO NOSO TRABALLO

E

LEMBRADE QUE TODOS E TODAS PODEMOS CHEGAR A SER REFUXIADOS E REFUXIADAS.

 

Entrega de premios "Vigolancia 2017"

Claudia na entrega de agasallos

 

O 22 de febreiro de 2018 foron entregados no 1º andar do Concello de Vigo os premios do concurso "Vigolandia 2017". Este ano a premiada do noso colexio foi Claudia Novas López de 1º A.

Compartimos as fotos para que vexades como o pasamos.

Traballo premiado

Momentos da entrega das distincións

Powered by Drupal - Design by artinet