Proxectos

Proxectos

A VISITA DUN CHEF MOI ESPECIAL

Este martes 8 de maio, tivemos en Educación Infantil a visita dun Chef moi especial. Remo axudóunos a convertirnos en minichefs por un día. Preparamos receita, probamos e participamos moi activamente no obradoiro de cociña. Non vos perdades este vídeo que reflicte o ben que traballamos e como gozamos con Remo do bonito que é a cociña utilizando alimentos sans e saudables.

Grazas Remo por vir visitarnos, esperamos verte pronto !!!

 

CHEFS SAUDABLES: AS MELLORES RECEITAS

A Consellería de Sanidade pon en marcha o concurso Chefs Saudables ,que consiste na elaboración dun video no que os escolares preparan unha receita saudable dun prato principal que cando menos contengan legumes,peixes,verduras e hortalizas.

Como non, o alumnado do CEIP Frián non quixo perder a oportunidade  de participar. Aquí van algunas das receitas que elaboraron os pequenos de Educación Infantil. Non deixedes de velas e aproveitade a oportunidade para facer receitas tan sinxelas e saudables como estas.

 

 

 

Vacacións de Nadal

O último día para festexar a chegada das vacacións de Nadal, o alumnado de Infantil levou a cabo unha serie de actividades:baile de Nadal, obra de teatro do alumnado de Teatro do cole, visita de Papa Noel.. Non vos perdades todo o que fixemos neste día previo a chegada das festas de Nadal.

 

 

Traballiños de Nadal

O alumnado de Educación Infantil levaron a cabo unha serie de traballos e manualidades para festexar este Nadal.

 

Powered by Drupal - Design by artinet