Saídas 08/09

Saídas 08/09

VISITA A VILA DE ALLARIZ

O martes 2 de xuño viaxamos ata a Vila de Allariz. Pola mañá visitamos o Museo do Coiro, o Museo do Liño, O Muiño do Burato e o Museo do Xoguete, sempre acompañados dunha monitora que sabía moitas cousas. Despois dimos un paseo pola Vila, percorrendo o camiño do boi ( festa do Boi).

Xa de camiño hacia o lugar onde íamos a xantar fixemos esta foto nunha ponte sobre o río Arnoia.

todos/as nunha ponte en Allariz
Despois de xantar fomos ata o Ecoespazo do Rexo, onde aprendemos moito sobre enerxías renovables e ovellas.
Por último, e antes de voltar visitamos o BOSQUE PINTADO do ESCULTOR VASCO AGUSTÍN IBARROLA.
QUE LUGAR TAN ESPECIAL! AS ÁRBORES ESTÁN PINTADAS  E AS PEDRAS TAMÉN E SEGUNDO DENDE ONDE MIRES PODES VER UNS DEBUXOS OU OUTROS!
E INCRIBLE!
ENSINÁMOSTE UNHA MOSTRA!
 bosque pintado  bosque pintado
Para ver máis fotos podes visitar o seguinte enlace: A VOZ DE FRIAN

Paseo no "Bus turístico".

Hoxe 6 de maio, veunos buscar un autobús de vitrasa. De dúas plantas, si,si como estas oindo. O conductor de deste autobus é o pai de Aida (4º) e Roberto (3º).O Bus levounos pola cidade ata a central de Vitrasa onde nos atenderon moi ben. Ata convidáronnos a refrescos... e que facía moita calor!.

Todos nós estamos acostumados a ir en coche, pero nun bus tan alto non, as cousas dende alí vense diferente.

Tamén déronnos uns agasallos. Dende aquí, moitas grazas polas vosas atencións.

UNHA VISITA ESPECIAL

Hoxe, 4 de maio de 2009, temos recibido unha visita moi especial: dúas profesoras de Música de Riga (Letonia)

Estiveron acompañándoas Marta e Nicolás, profesores, respectivamente, dos Conservatorios Profesionais de Música de Vigo e A Coruña. 

Os catro estiveron compartindo connosco a clase, e, incluso, chegaron a bailar as nosas danzas. Ó final, agasalláronnos con chocolate letón e pousaron xunto a nós nestas fotos. 

Alumnos e alumnas de 1º cos nosos visitantes

Alumnos e alumnas de 4º cos nosos visitantes 

SAÍDA POLO CASCO VELLO

Recreación das antigas murallas de Vigo 

O luns día 9 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º curso de Primaria

 fixemos unha visita polo Casco Vello de Vigo.

 

O programa Vigo por dentro invitounos a visitar o Centro Histórico da nosa cidade.

Leváronos ata a Porta do Sol, e, dende alí, a monitora falounos das distintas portas que había na nosa cidade na época da Reconquista: Falperra, Placer, Sol...

Camiñamos ata a Porta da Gamboa, logo ata a da Laxe, a do Mar, e, por último, á Porta do Berbés. 

Estivemos moi atentos ás explicacións de Mª José, e todo foi moi interesante.

Acompañounos tamén o bo tempo. Que sorte!!! 

 

Podes ver máis fotos no blog do cole 

BIBLIOTECA CENTRAL

O 18 de febreiro os nenos e nenas de 4º A e B fomos a Biblioteca Central.

Contáronnos que para poder retirar material da mesma temos que levar unha foto 

para que nos fagan un carnet.

É moi doado retirar libros, música e pelis. Tamén podemos ler revistas e xornais

A Bilbioteca Central atópase no Casco Vello de Vigo moi preto da Porta do Sol.

Dende aquí a nosa invitación para que leades... abriránsete moitas portas. 

fachada biblioteca central

No seguinte enlace, insertado na imaxen,  podes ver un artigo desta visita no blog do colexio

cartel animación a lectura

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet