Foi nova...

IMOS DE RECOLLIDA



Antía e Conchi recollendo o premio

O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas.
A profe Conchi e mais eu tiñamos reservados uns asentos co noso nome e, os demais, sentaron ao fondo sen deixar nin nun momento de animarnos. Cando dixeron o meu nome dirixinme ata o escenario e sentín unha sensación indescriptible. A miña familia e os meus amigos gritaban o meu nome mentres os aplausos soaban e o director de “La Voz de Galicia” entregábame un enorme diploma e un sobre cuns billetes para unha viaxe a Madrid.
Foi un momento moi especial, que nunca esquecerei.
Ao baixar do escenario fixemos fotos coa miña familia, cos meus compañeiros e coas profes... e mesmo co conselleiro de educación Jesús Vázquez!
Cando rematou a entrega de premios fomos a comer unha hamburguesa ou unhas “salchi-patatas” e, despois, comezou a diversión... Primeiro botamos unha ollada aos concursos de hípica que alí había e tamén tivemos a oportunidade de visitar os diferentes obradoiros e as tendas das ONGs. Ás tres e media abriron os hinchables e alí pasamos un gran rato saltando, xogando á pita... e moitas cousas máis.
Tomamos xeados e granizados e, despois dun día de diversión, tocounos a retirada.
Para min foi un día inesquecible e espero que o pasarades tan ben coma min.
 
Crónica de Antía M.
Nova do xornal "A Voz de Galicia" 4 de xuño 2012
nova periódico
E NON DEBES PERDER DE LER; UNHAS VERBAS PRECIOSAS, DA MESMA ANTÍA, ADICADAS A TODOS E TODAS, NO BLOG DA BIBLIOTECA
GRAZAS ANTÍA!
BOTA UNHA OLLADA Ó SEU TRABALLO

1º PREMIO NO CONCURSO OS/AS MELORES XORNALISTAS 2012

A nosa alumna, ANTÍA MARTÍNEZ PRADO, lévase o primeiro premio na novena edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil convocado polo programa Prensa-Escola , no que estamos a participar neste curso.

Cun alto nivel de participación, as interpretacións artísticas da realidade dos alumnos/as de primaria combináronse con textos artísticos de moita calidade, así a labor do xurado especializado foi moi difícil; aínda así, a nosa alumna, coa nova "Los cerdos vietnamitas...¿se mudan a Galicia" foi recoñecida como a mellor xornalista do nivel 2 (3º, 4º, 5º e 6º de primaria). 

noticia prensa

                                      Noticia no xornal "A voz de Galicia" mércores, 30 de maio de 2012, La Voz de la Escuela

Noraboa a Antía e familia! 

Noraboa ós/ás mestres polo traballo diario e por participar nestes programas!

Noraboa ó traballo da nosa Biblioteca, porque de seguro, que este premio, e froito do traballo realizado o pasado curso no apartado de formación de usuarios!

 

Os premios serán recollidos este sábado nunha festa que organiza a Voz de Galicia:

Premio para a alumna Antía Martínez: unha fin de semana en Madrid para catro persoas e entradas para o Parque Warner

Premio á mestra, Concepción Estévez Baspino: Unha estancia de dúas noites para dúas persoas nun hotel-spa de catro estrelas.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

O venres pola tarde Whithney (6º), Candela ( 6º ) e Gonzalo ( 4º ) viaxaron ata Santiago de Compostela para recoller o seu diploma como finalistas do Concurso: "Unha xoia para a túa nai". Estiveron acompañados dos seus pais e nais, das súas mestras e directora do colexio. Esta vez non puido ser, xa que a esperada xoia non chegou, outra vez será... ata o ano que ven!!!

 

 

 

Nesta presentación, podedes ver os debuxos dos tres finalistas do concurso.

 

 

Para saber máis visita os seguintes enlaces:

Deseño de xoias gañadoras

Colexio oficial de xoieiros de Galicia

FINALISTAS NO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA"

DESEÑA UNHA XOIA

Entre 7.167 participantes, tres alumnos/as do noso colexio: Gonzalo Agrafojo Delgado (4º primaria), Candela Fernández Carballas (6º primaria) e Whitney Rusen (6º primaria) entre os 80 finalista do Concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría.

A entrega dos diplomas aos finalistas e das xoias aos gañadores terá lugar o venres 27 de abril 2012, ás 18h, no CGAC de Santiago de Compostela.

 

OS NOSOS PARABÉNS E MOITA SORTE!

 

 

Máis información

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2012-2013

Nos seguintes enlaces podes ver e descargar todo o referente á matrícula para o vindeiro curso escolar 2012-2013

flecha Prazo de solicitude dende o 1 de marzo ata o 10 de abril

COLEXIO

Calendario e actuacións de admisións para o curo 2012-2013

Impresos para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

Tríptico informativo do centro

Powered by Drupal - Design by artinet