Skip to Content

Foi nova...

ÍMONOS DE VACACIÓNS

Os alumnos e alumnas de 5ºA despiden este curso cunha adaptación dunha canción moi coñecida.

PRESTADE MOITA ATENCIÓN!!!

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Preme na imaxe e poderás ver as actividades levadas a cabo co gallo do Día do medio Ambiente.

MURAL MEDIO AMBIENTE

Agradecemos a María, (mestra de Relixión), o seu traballo neste mural.

Moitas grazas !!!

RECOMENDACIÓN PARA AS FAMILIAS NESTA FIN DE SEMANA

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

(máis información premendo na imaxe)

TITERES REDONDELA

12º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA 

  (Memorial Juanjo Amoedo)

  Do 24 ao 29 de maio de 2011

ENLACE AO PROGRAMA DA FIN DE SEMANA

SEMANA GRANDE NO COLEXIO

fiesta

A semana que ven promete. O luns, 23 de maio,  empezaremos por facer o Festival das Letras Galegas para todos os nenos e nenas do colexio haberá teatro, música, bailes...

O martes 24 de maio,  faremos a festa de finalización do proxecto: "Un bosque para ler e navegar" organizada polo Equipo de Biblioteca.  Para arrincar este día, despois de vestirnos cos traxes do Entroido, participaremos en obradoiros de manualidades,  faremos tamén "a gran búsqueda do tesouro" por todo o colexio e seguro que atoparemos un momento para recuperar forzas.

Despois xantaremos todos e todas no patio, animádevos será como nas antigas romarías (ata haberá pulpeira).

Xa pola tarde convidámosvos a que asistades ao festival, que con tanto cariño os nenos e nenas están a preparar. No colexio poderedes visitar as distintas exposicións que temos preparadas.

Por certo, aínda estades a tempo de facer as vosas aportacións para a exposición de cestos e libos sobre árbores

ANIMÁDEVOS!!!


ACTIVIDADES PARA PECHAR O MES DE ABRIL

PORTADA POEMAS ARBOL
DÍA DO LIBRO 2011 APADRIÑAMOS ÁS ÁRBORES
Distribuir contido


by Dr. Radut