XA TEMOS FINALISTAS!!!!

XA TEMOS FINALISTAS DO CONCURSO "UN LOGO PARA A NOSA RADIO"

 

Unha vez rematado o tempo para a votación, os logos que máis votos acadaron foron os seguintes. Agora tócalle a quenda os membros do Equipo de Biblioteca para determinar cal dos tres logos será o logo que representará a nosa biblioteca.Moita sorte aos tres finalistas e noraboa polas vosos diseños.

Hoxe, 22 de decembro, ao longo da mañá coñeceremos o nome do logo da nosa Radio escolar.

 

  AINHOA POMBO     LÚA GALLICHER- LAVANNE             AMAYA CALVO 



NORABOA AS TRES FINALISTAS!!!!

UN LOGO PARA A NOSA RADIO: A VOTAR!!!!

Xa rematou o prazo para o concurso "Un logo para a nosa radio". Foron moitos os alumnxs e as familias que participaron, aínda que sen dúbida nos gustaría que a participación fora moito maior. 

Moitas grazas a todos aqueles participantes que contribuiron para a creación dun logo que representara a nosa Radio escolar. Unha radio que será para todos e todas, e coa que non só aprenderemos senón que viviremos moitas vivencias e experiencias únicas para todxs. Gracias por adicar parte do voso tempo en formar parte deste proxecto que imos comezar entre todxs.

Aquí vos deixamos todas as mostras, que son moitas, dos diferentes traballos. Unha gran variedade de diseños, con diferentes técnicas pero sempre con moita ilusión.  Agora vós toca a todos participar de novo e votar por 3 destes diseños que vos gustarían que entrasen na gran final . Marca os teus tres favoritos cun corazón e o último día, 22 de Decembro presentaremos aos finalistas.

Hecho con Padlet

Achegándonos ó Nadal, traballo en familia

 

 

 

Prezadas familias:

Como todos os anos pedimos a vosa colaboración para achegar o Nadal ó colexio e que realicedes un adorno navideño en familia.

Atendendo o protocolo deste curso, por mor da pandemia, pedímosvos este ano adornos feitos con material de reciclaxe que se poidan colgar no exterior.  Teñen que aguantar a chuvia. Sería perfecto que xa viñeron con corda ou similar para ser colgados no patio de entrada.

A continuación presentámosvos algunha ideas:

Powered by Drupal - Design by artinet