LETRAS GALEGAS 2021 XELA ARIAS


 

"UNHA RECOLLIDA DE CINE"

Os nosos cativos están moi concienciados con axudar aos nosos "Amigos de corazón" e de axudar a todos aqueles que foron abandonados e coa axuda das protectoras poden saír adiante e atopar un fogar. Por iso levamos adiante a seguinte iniciativa que titulamos

"Unha recollida de cine".

Todos as aulas de Educación Infantil elaboraron unhas replicas duns lienzos do artista brasileño Romero Britto , do que é ben coñecido o seu amor polos animais. Todos os nosos cativos crearon e elaboraron estes lienzos utilizando diferentes materiais e técnicas. O resultado é sen dúbida precioso. Por iso queren sortear estes lienzos para todas as familias do Frian que queiran participar e axudar aos nosos peludiños.

Aquí vos deixamos o cartel desta iniciativa con todas as instruccións e un pequeno video resumo do traballo dos nosos pequenos e dos lienzos que formarán parte do sorteo solidario!!! 

 

RECOLLIDA A ENTRADA E SAÍDA NO PORTALÓN DE ABAIXO A PARTIRES DO 8 DE MARZO.

O SORTEO LEVARASE A CABO O DÍA 25 DE MARZO POR UNHA MAN INOCENTE!!!

 

 

Admisión alumnado 2021/2022

Prezadas familias:

Presentamos o calendario de admisión para o vindeiro curso 21/22

*LISTAXE DE VACANTES 21/22

 * *Anexo II ED550B

 

 

 

Con data, luns 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022. .

Esta primeira fase  afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES República Oriental do Uruaguai) e ó alumnado que remata Educación Infantil e que no seu centro non teñan Educación Primaria.

Pregamos leades a información que ten publicada a Consellería de Educación no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/32849

Anexo I

Anexo I bis

 

Os trámites pódense facer telemáticamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Coma sempre, se tedes dúbidas, contactade connosco no 886 120161.

 

Moita  saúde

Powered by Drupal - Design by artinet