Skip to Content

2º PRIMARIA

O ALUMNADO DE 2º XOGA NO BOSQUE

O alumnado de 2º achégase ao bosque a xogar. Unha boa camiñata, merendola baixo as árbores e a carón do río e os xogos de sempre. 

 

VISITA Á BIBLIO REGO DA BALSA

Así foi a nosa visita á biblioteca Rego da Balsa. Un día moi especial, camiñata polas rúas de Carballo; ollando algúns dos bonitos murais que dan cor á vila, na biblioteca ademais de coñecer as zonas onde están as lecturas que nos gustan, cantamos un conto (porque os contos, tamén se poden cantar) e por riba merendamos e xogamos no parque toda a clase xunta, que é imposible facelo noutra momento.

MADAMIT@S E GHUARDINER@S

A A.C. Raigañas de Cerqueda-Malpica visitounos para contarnos a historia dos Madamitos e Madamitas. Un entroido galego pretiño de nós que esta asociación recuperou hai tempo.

Moitas gracias a Mar e Noelia que nos explicaron moi clariño a historia do traxe que imos a imitar no desfile de entroido o alumnado de 2º.

Así foi...

2º VISITA O CONCELLO

O alumnado de 2º de E.P. tén concello propio dentro do CEIP Fogar; Superconcello do Fogar conformado por tres parroquias e un barrio (máis información, abaixo, no apartado de 2º)  

Co fin de coñecer como se traballa e organiza un concello, fomos visitar o que temos máis preto, o de Carballo.

Aquí presentamos unhas pinceladas desta recepción.

  

XORNADA ELECTORAL

E así foi o día en que libre e democraticamente escollemos a alcaldesa do noso especial concello.

Noraboa á gañadora, Marta. Xunto coas outras candidatas formarán un gran equipo de traballo entusiasmado por mellorar o concello.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut