Tradicións
LETRAS GALEGAS 2011
"Precisabamos animar ao sol a saír. Precisabamos animar á choiva a saír. Eu pensei que chorando... Mais era preciso cantar como ela o facía..."
LOIS PEREIRO
1958-1996
Se queres máis información sobre a vida e obra de Lois Pereiro clicade aquí e se a queres escoitar, clica aquí.
Tamén podedes ver a exposición ou interactuar co traballo elaborado polo Seminario de Galán
- APIs de Blogue
A Festa do Magosto
Por fin chegou o magosto, un clásico nas nosas celebracións. Promovido polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio e respaldado por todos, conseguimos ano tras ano poñer en escena unha das tradicións máis antigas do noso territorio. Unha vez máis satisfeitos pola resposta de toda a comunidade educativa, tanto pola asistencia como pola participación activa: castañas, leña, recipientes decorados ata o último detalle, etc. Botádelle unha ollada as fotografías clicando na imaxe.
XA CHEGOU O MAGOSTO!!!
, Aquí temos O Magosto, que viva a festa rachada, os rapaces desta escola, faremos, o día 12, a castañada
|
O venres, 12 de novembro, celebraremos unha das festas máis tradicionais de Galicia: O MAGOSTO. Empezaremos asando as castañas no lume, ben asadiñas, para comelas quentiñas. Ás 12,30h reuniremos para facer a foliada. |
Din os vellos que na fogueira do Magosto non se pode cuspir, nin botar casca de ovos. Tampouco se pode apagar de súpeto, hai que deixala morrer pouco a pouco, para que siga ardendo pola noite e poidan quentarse as “ánimas¨.
O SAMAÍN
O día 2 de novembro celebramos a festa do Samaín. Foi, un ano máis, un éxito de participación e unha mostra máis de superación por parte de todos os participantes, alumnos e familias. Unha exposición que destacou pola orixinalidade das cabazas realizadas, e pola tarde, pola masiva afluencia de alumnos e o que resulta máis significativo e gratificante, acompañados de moitos familiares, o que indica un alto grado de implicación. E como non, agradecer as nais do ANPA e a AVV IAR a súa especial colaboración.
Festival de Entroido
O pasado venres 12 de febreiro celebramos o tradicional festival de entroido. Nesta ocasión o motivo serían os distintos paises do mundo, complementando o proxecto da biblioteca escolar "A volta o mundo en 365 libros".
Podedes ver unha mostra da celebración nos seguintes vídeos:
3º Indios americanos de segundo
5º. Árabes de cuarto
6º. Masais de quinto
Por útimo se queredes podedes Ver fotos da celebración
QUEN É O APALPADOR?
O Apalpador era un personaxe que a noite do día 24 ou 31 de decembro, metíase nas casas e caladiñamente, apalpaba as barriguiñas dos nenos/as. Hai quen di que o Apalpador é un invento. Nós atopamos esta información e cremos que é moi posible que existise. |
CANTOS DE NADAL
Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,
foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de
acompañamento e de ilusión, para moitos dos galegos e galegas.
Se queredes máis información, pinchade aquí
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5