Tradicións

Chega a festa das cabazas

 No Samaín, festividade de orixe celta, abríase a porta entre o mundo e o máis aló...


Lembrade que podedes entregar as cabazas no Colexio a partir do martes 29 pola mañá e ata o mércores día 30, día no que pola tarde haberá contacontos de medo na Biblioteca do Castrillón, e logo será o desfile de cabazas coa música dos gaiteiros de IAR.


Cada participante recibirá unha pegatina.


 Cartel do Samaín


 

Celebración do Magosto

Con novedades como os xogos tradicionais para o primeiro ciclo e o concerto de Pirilampo, celebramos un curso máis a tradicional festa do magosto. Acompoñou o tempo, o que fixo que todo resultara mellor. Boas castañas, marabillas de recipientes, música, xente de todas as idades, en fin, unha festa estupenda.


Chegou o Samaín


Unídevos á festa! Mércores ás 18.30h encenderemos as cabazas no Colexio e despois desfile ata a praza de Pablo Iglesias acompañados polas gaitas de IAR.

Achégase o Entroido

Ata o venres 17 estamos de Entroido no cole. Sabedes que trátrase dunha das tradicións festivas de maior arraigo en Galicia. Nestes días realizaremos diferentes actividades para dar a coñecer e disfrutar esta festa, que como sempre rematará co Festival de Entroido o venres 17 ás 12h, e no que todas as familias estades invitadas a participar.


UNIDADES DIDÁCTICAS EN PAPEL AQUÍ          FAI AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS FACENDO CLIC NAS IMAXES









 


 


 

O magosto en imaxes

Logo do aprazamento ao final a meteoroloxía axudounos e puidemos facer o magosto. Unha actividade na que colaboramos todos: alumnado, profesorado, familias, ANPA, conserxe, limpadora, en resumo unha actividade colectiva = éxito colectivo. (Fotos de Joanna e Miriam de 6ºEP)



Celebra o Magosto con nós

O venres 11, se o tempo acompaña, celebraremos o tradicional magosto do Colexio. As familias tamén estades invitadas a participar a partir das 12,30h. Mentras tanto deixamos unhas actividades para xogar e aprender, feitas co programa EDILIM polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do Centro.




 

Imaxes do Samaín

Pasou a festa do Samaín e novamente queremos felicitarvos pola vosa participación. Cantidade e calidade configuraron un ano máis a exposición de cabazas decoradas, amosando o froito dunha actividade, que nunca mellor dito, fai e faise en familia. Noraboa!

O SAMAÍN

O día 2 de novembro celebraremos o Samaín. Non esquezas traer a túa cabaza, terás unha sorpresa! Á tardiña, participa no desfile.


Se queres:



  •   Máis información sobre a tradición das   cabazas,  clica aquí.

  •   Ver materiais para traballar, clica aquí.

  •   Xogar coas cabazas, clica na imaxe de arriba.

Powered by Drupal - Design by artinet