Taboleiro
Festa de fin de curso
Acabou o curso 17/18 coa tradicional Festa de Xogos, aquí podedes ver unha recopilación das mellores imaxes deste día. BOAS VACACIÓNS!!
Reparto de froita e leite
Como nos cursos pasados, continuamos co reparto de froita. Este curso foron dúas semanas seguidas para a froita. Segue a ser un éxito entre a maioría do alumnado, aída que temos que recoñecer que unha pequena parte todavía ofrece certa resistencia ao consumo habitual de froita e leite. Seguiremos favorecendo a implantación de medidas que consoliden hábitos saudables de alimentación durante os recreos.
Avaliacións individualizadas de 3ºEP e 6ºEP.
Un ano máis o Colexio participa nas avaliacións individualizadas de 3ºEP e na de final de primaria, para o alumnado de sexto. A primeira realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 23 e 24 de maio. A de sexto ten carácter censal, e este curso tocoulle ao noso centro participar nela, xunto con outros centros educativos de Galicia que foron seleccionados e aqueles que participen voluntariamente. A continuación informamos ás familias respectivas con sendas circulares.
40 anos de IAR
O pasado xoves 3 de maio a AAVV IAR , inauguró a súa exposición do 40º aniversario no CC do Castrillón. No acto o noso Colexio recibíu un agasallo pola súa colaboración coa organización veciñal. Facemos a todos-as os membros da comunidade educativa partícipes deste obsequio, e desexamoslles moita sorte.
Saídas do 3º trimestre
Este martes 3 de abril iniciamos o terceiro trimestre que terminará o 21 de xuño coa finalización das clases. Podedes consultar as saídas confirmadas e aprobadas para este periodo.
Admisión de alumnado no curso 2018-19
|
Festival de Entroido 2018
Este ano o tempo andaba algo revolto, pero non evitou a nosa festa que este ano adicábamos ao maravilloso mundo dos contos clásicos...e non tan clásicos. Aquí tedes unha boa mostra dos disfraces e a festa. Norabóa!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »