CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA:" DE AQUÍ PARA ALÁ"

De aquí para alá é un proxecto didáctico musical creado por Lydia Botana para público infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, bailando e cantando as músicas de cada lugar a través dunha bolboreta musical. Aquela que viaxara de aquí para alá polo mundo adiante á procura da felicidade para o seu amiguiño Gali, que é un neno africano. Bolboreta perdeu as cores das ás! Ao principio, non sabe que puido pasar, pero devagariño comeza a comprender as emocións que sente expresándoas a través da música, nunha viaxe musical que atravesa todos os continentes, mostrando diferentes tradicións, bailes, músicas e instrumentos pasando por lugares coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns...

   

Powered by Drupal - Design by artinet