DÍA DO LIBRO

O mes de abril é o mes dos libros, destacamos dúas datas importantes:

O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian Andersen.

O Día Mundial do Libro, que se celebra o 23 de abril.  Coincide co a morte de tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

 Dende o cole temos claro que ler é unha gran actividade para a nosa mente: axuda a exercitar a memoria, permítenos aprender palabras ou ampliar a linguaxe. Para un neno asomarse a un libro é unha oportunidade para aprender, xogar, coñecer a personaxes distintos a eles ou vivir situacións que non experimentarían no seu día a día. Ler axúdalles a desenvolver a empatía e a madurar, a ser constantes e a potenciar a súa creatividade e imaxinación, lendo e creando os seus propios universos. Ademais de que os libros poden ser o compañeiro perfecto para axudarnos a lidar con hábitos do día a día e axúdannos a compartir tempo de calidade cos nosos fillos.

Algunhas actividades que levamos a cabo para fomentar o interese polo fomento da lectura e facer del un hábito de vida son: 

contacontos... hoxe viñeron a contar un conto Darnell e dous compañeiros (3º de primaria) encantóunos, moitas grazas.

  

... as mochilas viaxeiras...

...a hora do conto...

  

  

Mirade que marca páxinas máis bonitos fixemos para os nosos contos preferidos.

  

  

 Temos unha actividade voluntaria para que deixedes os vosos contos preferidos só tedes que picar no ENLACE, no símbolo + e seguir as instruccións.

Powered by Drupal - Design by artinet