PROXECTO "VIAXANDO AOS POLOS"
Xa sabemos moito sobre a vida dos inuits, onde viven, que comen, como se visten, como son as súas casas, que medios de transporte usan, e como é a súa cultura ( arte, tradicións, amuletos….). Na clase intentamos parecernos cada vez mais a eles (saimos de caza, pescamos, cociñamos no iglú, formamos inushuks para orientarnos, traemos amuletos para que nos protexan e nos den sorte e ata xogamos na mesa sensorial como si estivésemos na neve).
Viaxamos tamén ao polo Sur, adiviñade a quen atopamos alí....
E así aprendemos moitas cousas con este proxecto , moitas grazas polas vosas aportacións.