Skip to Content

Secretaría, Impresos, Novas

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 29-09-2021 Resolución do 20 de setembro de 2021 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá entre o 2 e o 5 de novembro e estará integrada por:

  • A Directora  do Centro.
  • Un representanrte do profesorado.
  • Un representante de nais/pais.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O sorteo realizarase o próximo 27 de outubro.

SECTOR NOME E APELIDOS
Directora Mª Aurora Candal Miranda
Profesorado Hilda Ramos Vázquez
Pais/Nais  Iolanda Sánchez Méndez
PAS  Manuel Jesús Boquete Pérez

Documentación:

A Coruña, 22 de outubro de 2021.

A DIRECCIÓN DO CENTRO.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

DESDE O 14 DE XULLO ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022. PODERÁN CONSULTALAS ATA O DÍA 20 DE XULLO, DÍA NO QUE PECHA O CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 HORAS.

 OS LIBROS ENTREGARANSE AO ALUMNADO BENEFICIARIO CANDO COMENCEN AS CLASES NO MES DE SETEMBRO.

FONDO LIBROS 2021-2022

A partir de hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de fondo libros para 3º e 4º de primaria. Contra estas listaxes poderán reclamar ata o día 11 de xullo. A partir do día 14 sairán publicadas as adxudicacións defintiivas do fondo.

Os vales das axudas de material poderán recollelos na secretaría do centro a partir do luns 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ata o 21 de xullo, data na que pechará o centro.

Publicación de adxudicación provisional de máscaras

Dende hoxe está publicada a relación dos beneficiarios/as das máscaras concedidas pola Consellería de Educación. O alumnado que xa tiña concedida a axuda de material, tamén terá a máscara que repartiremos nas próximas datas.

RECOLLIDA DOS PORTÁTILES DE SEXTO DE PRIMARIA

O próximo luns 22 de xuño procederase á recollida dos portátiles do equipamento E-DIXGAL do alumnado de 6º de primaria co seguinte horario:

6ºA de 10:00 a 11:00
6ºB de 11:00 a 12:00
6ºC de 12:00 a 13:00

Recollida de libros de cuarto de primaria

 

Como xa foi notificado mañá venres 19 de xuño procederase á recollida dos libros do alumnado de 4º de primaria no seguinte horario:

  • 4ºA de 10:00 a 11:00.
  • 4ºB de 11:00 a 12:00.
  • 4ºC de 12:00 a 13:00.

LISTAXE de Admisión Alumnado

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021

COMUNÍCASE  a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes.

As listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de reclamacións remata o día 11 de xuño. Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do centro.

INFORMACIÓN PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

Bolsas de comedor do Concello

Desde a Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social informóusenos que se van a manter as bolsas comedor. As familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, deberán remitir un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.

easelvina@coruna.es,

easmesoiro@coruna.es,

easmallos@coruna.es,

eassandiego@coruna.es,

easlabañou@coruna.es

Os solicitantes recibirán a contestación no seu email, onde se lles indicará a que centro educativo teñen que ir recoller o menú, en horario de 13 a 14 horas.

AXUDAS PARA ALIMENTACIÓN E ACCESO Á INTERNET DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO

As familias que teñan dificultades para a adquisición de alimentos para os seus fillos/as:

  • por perda de acceso ao comedor escolar,
  • por non ter ningunha axuda alimentaria
  • ou por perda de ingresos familiares.

E tamén aquelas familias que non teñan conectividade a internet ou ningún dispositivo para acceder ao contido formativo do centro poden enviar un correo electrónico a ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es, dicindo o nome do neno/a, o curso no que está, o tipo de necesidade que teñen e un teléfono ou correo electrónico de contacto, para ver se lle pode tramitar algunha axuda a través da ONG Colaboradora Ayuda en Acción.

ESPAZO ABALAR

No presente curso deixamos de empregar a aplicación de mensaxería Tokapp School  e a ferramenta de comunicación do centro será ABALAR MÓBIL

As familias deberán instalar a aplicación ABALAR MÓBIL. Guía de uso para as familias.

 

O profesorado poderá acceder na ligazón ao ESPAZO ABALAR. Guía de uso para o profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut