Skip to Content

Departamento de orientación, TIC, EDLG, EACE, Biblioteca, Comisións de dinamización, Animación á lectura, Recomendámosche

XADREZ NO COLEXIO

      

O alumnado que desexa xogar ao xadrez pode facelo os  martes e os xoves durante os recreos no Salón de Usos Múltipes. Poden participar alumnos/as de 3º a 6º curso de educación primaria que baixo as orientacións do mestre Pedro de Uña Álvarez poñen en práctica as súas aprendizaxes.

O xadrez pemite ao alumnado desenvolver a atención, a concentración, a memoria visual, o razonamento lóxico e a creatividade, todo isto imprescindible na resolución de problemas. 

A práctica do xadrez  busca melloras no aspecto social, lograr o respecto ás reglas, á deportividade tanto no gañar coma no perder e respecto ós demais con independencia da idade, o sexo, a condición social ou racial.

ASOCIACIÓN GALEGA DE XADREZ (AGAX)

VISITA DE LEDICIA COSTAS

No día de hoxe contamos no colexio coa visita da escritora Ledicia Costas, gañadora do premio MERLÍN de LITERATURA INFANTIL pola súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta". Mantivo un encontro co alumnado de 5º e 6º que escoitaron con moita atención as súas historias sobre os personaxes do seu libro, especialmente as referidas ao avó de Román, o protagonista do libro, xunto con Escarlatina, porque dixo estaban inspiradas no seu propio avó, un personaxe curioso.

Outro tema que deu moito xogo no encontro foi a historia do gato Moroto na lavadora. Deulle pé a Ledicia para contar outras historias reais que lle foron contando outros nenos no seu recorrido polos colexios de Galicia. En case todas aparecían as avoas como indutoras das historias simpáticas que lles ocurrían aos animais.

Un encontro interesante.

 

Entrevista con Ledicia Costas

CONMEMORACIÓNS DÍA DA PAZ

"UN LAPIS POLA PAZ"

      

 

 

Na semana do 26 ao 30 de xaneiro, no CEIP Emilia Pardo Bazán, realizaremos actividades conmemorativas do Día da PazDesde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi,  celébrase, todos  os  30 de  xaneiro, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO no ano 1993.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a non violencia e a paz.

Durante toda a semana do 26 ao 30 de xaneiro soará pola megafonía a seguinte melodía gravada polo alumnado de 6ºA de primaria: OS NENOS QUEREMOS A PAZ .

O día 26 de xaneiro de 2015 abriremos o XVII Rastrillo Solidario creado coas aportacións desinteresadas das familias do noso alumnado e organizado polo persoal docente, non docente e ANPA Milnen@s. A exposición estará aberta no Salón de Usos Múltiples do colexio para que o alumnado a visite acompañado dos seus mestres durante a xornada da mañá.

 

 Rastrillo                  Día da Paz

Como en cursos anteriores a recadación obtida destinarase a unha entidade sen ánimo de lucro, concretamente ao Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL).

A recadación obtida no Rastrillo Solidario foi de 2.480,40 €

A nivel de traballo colectivo cabe destacar a creación dun mural conmemorativo do Día da Paz, baixo o lema “UN LAPIS POLA PAZ” composto por frases alusivas á conmemoración.

O venres día 30 de xaneiro conmemoraremos todos xuntos o DIA DA PAZ.

 

 

MAGOSTO 2014

 

O día 19 de novembro por fin celebrámolo MAGOSTO 2014 no colexio. O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou unha xornada lúdica na que o alumnado tivo a oportunidade de xogar e xantar. Un pequeno grupo de nais e pais, xunto co profesorado, participou na prepración e asado das castañas para o alumnado de educación primaria. O alumnado de educación infantil degustou as castañas asadas pola empresa de catering do comedor Jardanay. 

Agradecemos a colaboración da ANPA Milnen@s, Asociación de Empresarios de Los Rosales, pais e nais de alumnos/as, Claustro de Profesorado.

Se queredes ver unha pequena mostra da celebración podedes ver o seguinte documento e algunhas imaxes da celebración na Galería de Imaxes.

BLOG DE INCIDENCIAS TIC DO COLEXIO

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón do programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
 
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
As patoloxías que se poden incluir no programa son: Epilepsia, Hipoglicemia (diabetes) e Shock Anafiláctico producido por algún tipo de reacción alérxica.
 
 

LECTURAS PARA O NADAL 2013

O PLAN NAVEGA CON RUMBO CHEGA O NOSO COLEXIO

 

 

A III Edición do Plan Navega con Rumbo chega o noso colexio para informar aos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria sobre a importancia de navegar seguro pola internet. Esta actividade enmárcase no contexto do Proxecto Abalar.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.   Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Nos seguintes enlaces pódese acceder as guías de Boas Prácticas:

        



 

Distribuir contido


by Dr. Radut