En xuño, a comunidade educativa do colexio puido desfrutar dunha xornada de convivencia co alumnado de 5º e 6º EP, que participou no Coro das emocións durante este curso. Resumimos neste vídeo un concerto cheo de emocións no que se mostrou todo o traballo realizado durante o ano. A emocionarse coa música!
Parabéns ao alumnado participante no "Coro das Emocións" polo seu traballo que fixo posible este marabilloso concerto en colaboración co IES Monte das Moas. Grazas por emocionarnos coa música!