Skip to Content

VISITAMOS O BARCO DO IEO: "RAMÓN MARGALEF"

O día 19 de abril de 2018 o alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria tivo a oportunidade de visitar o barco do Instituto Español de Oceanografía: "RAMÓN MARGALEF", que estivo amrrado no peirado do porto coruñés.

O buque oceanográfico Ramón Margalef celebrou tres días de portas abertas no porto de A Coruña dentro dos actos conmemorativos do 50º aniversario do Centro Oceanográfico de A Coruña.

Durante a visita, perfectamente organizada polos responsables do IEO con sede en A Coruña, o alumnado puido escoitar de primeira man as diferentes actividades que desenvolven os profesionais que traballan neste buque. Repartidos en 5 grupos o alumnado puido visitar as seguintes zonas do barco. 

 

Comezaron a visita pola cabina de mando, que combina instrumentos tradicionais con outros de tecnoloxía moderna e pantallas multifunción, ata o punto de recordar a cabina dun avión moderno. De feito o Ramón Margalef non conta con roda de timón senón que os seus dous timóns contrólanse mediante sendos joysticks, se ben normalmente emprégase un só que actúa como mestre.

 

A segunda parada foi o laboratorio de acústica, que se pode considerar como o centro neurálxico do Ramón Margalef, pois desde aí contrólanse as distintas sondas e sensores que este leva, en especial o sonar. Estos sonares lle permiten determinar cando está pasando sobre un banco de peixes,  ou o tipo de fondo sobre o que navegan e o seu relevo, o que permite ao Ramón Margalef crear cartografías mariñas co máximo grado de precisión.

Os laboratorios de a bordo, que se dividen en secos e húmidos, contan cunha infraestructura básica se equipan antes de cada campaña en función dos obxectivos desta.

 

Coa información recopilada polos sensores CTD de a bordo os científicos deciden onde tomar mostras, xa sea mediante rosetas, pescando, con redes para o muestreo de plancton, ou cunhas pequeas dragas capaces de recoller mostras do fondo. As rosetas son uns dispositivos que levan unha serie de botellas para a toma de mostras a distintas profundidades e uns sensores que van trazando unha gráfica de conductividad, temperatura e fluorescencia según vaian siendo baixadas ata o fondo ou ata unha profundidade determinada.

 

 

 

VER GALERÍA DE IMAXES



page | by Dr. Radut