CREANDO CONCIENCIA ECOLÓXICA CO XARDÍN DE JUANITA
“Filosofar es abrir el pensamiento a un ejercicio continuo
de interacción con uno mismo, con el otro y con el mundo”.
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Editorial Octaedro.
Como o xardín quedou creado durante o curso pasado, agora estamos a ocupalo como un lugar onde dialogar reflexivamente sobre o clima, xa que moitas novas sobre o tema ocuparon as portadas dos xornais: lumes, inundacións, alertas de vento e moito, moito frío.
Todo o vemos dende a nosa proximidade, agudizando a mirada tamén nos paseos dende o aulario ata a nosa parcela do horto.
Ademais estamos a ter a sorte de poder dar a coñecer o noso proceso creativo grazas a diferentes medios de divulgación como o programa radiofónico “El Puente” de Colombia ou no recente Congreso Iberoamericano de Filosofía para nenxs de Girona. Neste encontro, a filosofa e pedagoga Angélica Sátiro presentou o seu libro “Ciudadanía creativa en el jardín de Juanita” que recolle, nun dos seus capítulos, a nosa experiencia xunto a outras de Mallorca, Almería e Colombia.
Moi próximo o remate do curso, xa temos en mente moitos novos desexos para desenvolver no vindeiro.
MAR Santiago Arca, abril 2018