Skip to Content

O noso Logo

Xa temos logo!!!!

Despois de moito traballo para decidir, o xurado formado por unha mestra de E. Infantil, un mestre de E. Primaria, unha mami representante da ANPA, un papi representante do Consello Escolar, un papi representando a todos os papis e mamis do cole e a Directora, por fin temos un logo.

Recolle o que dúas irmáns, Ana e Lucía de 3º B, ven e que representa ao noso cole. Vemos a Torre de Hércules, A Coruña, onde vivimos e está o cole, tamén o noso barrio "Los Rosales", coa súa rosa e a Praza Elíptica e a pluma que ben pode representar ao cole e a Dna Emilia Pardo Bazán escribindo e asinando as súas obras. Agora cando o vexamos, sempre recordaremos ao noso cole e o tempo que pasamos nel.

Recoñecemos o excelente traballo que fixeron todos e todas os que participaron, parabéns polo traballo e en especial a Ana e Lucía. Moitas grazas.



story | by Dr. Radut