Skip to Content

AVISO IMPORTANTE!!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

Estimadas familias:

O Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias desde o momento no que se recibe a notificación dun caso confirmado positivo.

O Protocolo indica que o equipo COVID do Centro comunica a incidencia de forma inmediata ás Xefaturas Territoriais de Educación e Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará coas familias que poideran estar afectadas.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

Atentamente.

Equipo directivo e Equipo COVID.



story | by Dr. Radut