Skip to Content

LOBOS

     En relación con PDI deste ano, paisaxes encantadas, o pasado 31 de outubro visitounos Francisco Javier Lema Fuentes, veterinario e estudoso do lobo desde hai moitos anos.     

    Amosounos imaxes inéditas deste animal tan presente na nosa fauna. Tivemos a oportunidade de ver e tocar un cranio dun lobo e dun cabalo, entre outros detalles. 

    Tamén tivo a amabilidade de concedernos unha entrevista que emitiremos en Emilia na onda. Foi unha interesante experiencia para o alumnado de 5°B de EI e 6° de EP.                           

 Moitas grazas e ata outra!!! 

lobos de Aurora Candal



story | by Dr. Radut