Skip to Content

Separados pero xuntos

Quen nos ía dicir que chegaríamos ao último día deste trimestre sen poder celebrar todos e todas xuntos este remate!

Que non poderíamos abrazarnos e desexarnos Boas Festas, que non íamos estar con aqueles que máis queremos.

A maxia do Nadal e a ilusión destes días non na perdemos, podemos manter a distancia pero estamos xuntos e celebramos o que teñamos que celebrar, a nosa forza é a que nos fai seguir cara adiante e é a que nos fará volver a estar todos xuntos e xuntas.

E cómo íamos a permitir non poder celebrar a chegada do Nadal como se merece? Por iso, todos e todas á mesma hora cantamos "Xa me tardan estes Magos" de Mamá Cabra, conectados por videoconferencia a que estamos máis que afeitos, igual a que a conectividade non esté da nosa parte e así uns viron mellor que outros pero foi moi fermoso, sabíamos que estábamos ahí, unidos e escoitar a máis de 600 nenos e nenas cantando foi moi emocianante.

A profe Jessica recolleo no seguinte vídeo a nosa actuación, e xa sabedes: Separados pero Xuntos

 

 

E se nos botades en falta durante este tempo, podedes escoitar o segundo programa de Onda Ti:

 

 



story | by Dr. Radut