Skip to Content

FELIZ VERÁN E BOAS VACACIÓNS!!!

Hoxe tócanos despedir o proxecto un curso máis. Foi un curso atípico e tamén complicado para tod@s, porén soubemos como sacarlle partido dende a casa grazas ás ferramentas informáticas.

Antes de acabar gustaríanos darvos as grazas a vós, ás familias, por participar e colaborar en todo o que vos propoñemos sempre, desta maneira é moito máis agradable e motivador para tod@s.

Hoxe ímosvos deixar unhas ideas de actividades moi chulas que crearon @s nos@s compañeir@s de "Aulas Galegas", que levan facendo un traballo incrible desde que deixamos de ir o cole.

Neste link, https://aulasgalegas.org/sabes-o-nome-das-froitas/, podedes acceder a unha sección de actividades para practicar o nome das froitas.

Neste outro link, https://aulasgalegas.org/espetada-de-froitas/, tendes unha receita con froita moi apetecible, animádevos a probala!

E para rematar, GRAZAS aos nosos alumnos/as, ás familias e a todas as mestras que participamos neste proxecto tan enriquecedor!

NON ESQUEZADES COMER MOITA FROITA, XA SABEDES TODAS A COUSAS BOAS QUE NOS APORTAN!

VOLVEREMOS O VINDEIRO CURSO CARGAD@S DE ENERXÍA E IDEAS NOVAS!!!!

FELIZ VERÁN!!! 



blog | by Dr. Radut