Skip to Content

BATIDO DE CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!

Para facer esta receita eliximos as 2 froitas máis populares, plátano e o amorodo. Ademáis escollimos unha verdura que nos aporta moita enerxía, as espinacas.

Primeiro fixemos o batido coas froitas, estaba delicioso! O plátano e o amorodo son unha mestura moi saborosa, cremosa e cunha cor vermella moi bonita, a todos nos encantou!!!

Despois fixemos o mesmo batido, engadindo tamén as espinas. A cor mudou un pouco, porén o sabor era case o mesmo porque as espinacas non fan que saiba diferente. Nesta ocasión estabamos algo reticentes para probar, pero como somos moi valentes probamos e a moitos de nós encantounos. É unha forma de consumir verdura moi fácil!

anterior    posterior



blog | by Dr. Radut