Skip to Content

blogue deafconde

MERCADO EPB

Temos o noso mercado listo para Nadal!

anterior    posterior

QUE COMÍN DESDE QUE NACÍN?

Hoxe querémosvos contar como foi a experiencia do noso compañeiro coa froita e outros alimentos.

Querémoslle agradecer á familia de Roi que nos permita compartir este precioso traballo con todos.

anterior     posterior

MERENDAMOS FROITA NO COLE!

Merendamos froita na escola, ten moitas vitaminas, danos enerxía e encántanos!

 

anterior     posterior

CAL É A TÚA FROITA FAVORITA?

Estamos aprendendo moito sobre as froitas, algunhas delas nunca as viramos antes! 

Nestas fotos podedes ver que sinalamos as que máis nos gustan.

anterior     posterior

COMIDA SAUDABLE, DENTES FORTES!

Estes días estamos investigando que alimentos son saudables e cales non o son tanto.

Sabemos que os que teñen moito azucre provocan caries, por iso só os comemos de vez en cando.

Con esta actividade vemos que alimentos son os que temos que comer para non ter problemas nos dentes, e cales son os que deberíamos evitar.

 

 

 anterior     posterior

LEMOS SOBRE OS VEXETAIS E AS FROITAS

Como nos gustan tanto os libros, estivemos buscando algúns que tratan sobre froitas e vexetais, velaquí os que xa vimos:

Había un libro moi divertido, "Que tal vexetal?", nel as froitas e as verduras tiñan caras moi divertidas, así que nós fixemos o mesmo.

 Tamén aprendimos a facer sopa co libro "Sopa de cabaza"...

 

anterior     seguinte

FROITOS DE OUTONO

Xa estamos rematando o mes de novembro, esta é a época de recoller os froitos de outono: castañas, noces, avelás, améndoas, etc.

Os froitos desta época non se estropean, duran moito tempo, son moi saborosos e con eles pódense facer moitas receitas, ademáis de comelos así como están.

Nós estivemos elixindo os froitos que máis nos gustan.

anterior    seguinte

"XAIME E AS LANDRAS"

Hai uns días estivemos investigando sobre os froitos de outono. Descubrimos un moi coñecido, mais non o comemos! É a landra! 

Aínda que son comida para algúns animais, como os esquíos ou os xabaríns, as landras tamén nos serviron para contar, facer formas e xogar.

Desta vez limos "Xaime e as landras" (Editorial Kalandraka) para saber un pouquiño máis sobre este froito.

 

Preme na imaxe para volver escoitar o conto.

anterior     seguinte

PLAN PROXECTA: FROITA NA ESCOLA

Resultado de imagen de plan proxecta

 

Dámosvos a benvida un ano máis ao Plan Proxecta. Despois de ter traballado no proxecto "Saboreando o mar de Galicia" no que afondamos no consumo de produtos do mar, este curso continuamos a nosa andaina cara unha alimentación saudable co proxecto "Tan ricamente".

Neste novo proxecto, que complementa ao Proxecto Documental Integrado do centro "Sabor e saber", aprenderemos sobre a importancia do consumo de froita para o fomento dunha elección alimentaria saudable, educándonos como consumidores responsables.

 

 seguinte

 

Distribuir contido


by Dr. Radut