Skip to Content

Horto escolar, Blog Voz Natura

VISITA DE LAURA (COS PÉS NA TERRA)

A semana pasada tivemos unha visita moi moi especial, veu Laura a visitarnos! Contounos infinidade de cousas sobre reciclaxe, reutilización, reparación e redución. Ela ten unha unha tenda ecosostible no noso barrio, e, coñecedora de que estamos a tratar este tema este curso, veu a  aclararnos algunhas cousas e informarnos de outras moi interesantes.

Deunos moitas ideas para reducir o uso de plástico nas merendas do cole (usando envoltorios reutilizables para os bocatas, culleres de madeira...).

Ensinounos a facer macetas con garrafas de auga, de feito regalounos unha para o cole! "MOITAS GRAZAS LAURA!"

Vimos alternativas para a limpeza da nosas casa (con esponxas de lufa) e a hixiene persoal (con cepillos de dentes de madeira, champú sólido sen envase de plástico...).

Non nos chegou o tempo para tantas ideas que nos tiña que contar, polo que pensamos que estaría ben que esta visita tivera unha segunda parte, a parte da reciclaxe e reutilización de obxectos.

 

 

 

 

AUDICIÓN E LINGUAXE

Os nenos e nenas que acoden ao aula de Audición e Linguaxe prepáranse para sementar.

Primeiro imos coa teoría

 

 

 

 

Despois a práctica

 

    

 

 

     

 

 

Rexistramos 

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiros e charlas sobre medio ambiente

OBRADOIROS E CHARLAS SOBRE MEDIO AMBIENTE

No centro estase a realizar co alumnado uns obradoiros e charlas sobre MEDIO AMBIENTE a cargo de persoal da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña.

Alumnado de primaria asistiu a unha charla con obradoiros sobre residuos urbanos da cidade: recollida de residuos, mostra do vertedoiro, limpezas de praias, plantas de reciclaxe, selección de lixo, diferenciación de contenedores. Fixeron xogos semellantes á oca, con conceptos básicos falados, e inventaron unha canción de reciclaxe.

Culminaron cunha saída á praia de Bens, para a súa limpeza.

ABRAIDOS QUEDARON COAS COUSAS IMPENSABLES QUE CHEGARON A RECOLLER.

 

Os máis pequenos, despois de contarlles "O conto sen fin da lagoa de Eirís" para coñecer o parque, a flora e fauna dos parques da cidade, e coidar a biodiversidade de parques, xardíns e bosques; tiveron unha visita á lagoa de Eirís (espazo natural de interese local).

Os nenos de infantil tiveron unha charla, amosándolles e contándolles sobre o que acontece na lagoa que despois visitarían.

Mostráronlles na cúpula, os niños dos paxaros ao abrigo do vento.

Amosáronlles olivos e moreiras, explicándolles o que se fan con elas.

Informáronos das diferentes especias de paxaros que había: pardal, palomas...e outros animais da lagoa: miñoca, macaón, zapateiro, xoaniñas, tartarugas, rás, libélulas, patos (de cor verde), patas (de cor marrón) avisándoos de que son omnívoros e non se lles debe dar pan, xa que eles buscan os seus insectos para comer.

E amosáronlles o niño do paxaro máis pequeno.

Seguimos aprendendo con próximos obradoiros e charlas programadas que agora teñen por tema a AUGA.

 

 

XOGOS DE RECICLAXE

Cando non podemos saír ao horto polo tempo, facemos xogos de reciclaxe na aula.

Temos un xogo de contenedores de cores segundo o que reciclan, o azul para papeis e cartóns, o verde para a materia orgánica, o amarelo para o vidro, o laranxa para latas e plásticos, e o gris para as pilas.

Así que collemos as tarxetas, e segundo a cor que caia no dado, temos que reciclar algo desa cor do contenedor. Pouco a pouco, reciclamos todo o material que aparece nas tarxetas SEMPRE MOI VARIADO.

No seguinte xogo, temos que recoller o lixo que hai no bosque no contenedor correspondente, antes de que a ficha chegue á nube da choiva. 

Un xogo en gran grupo, no que todos gañamos ou perdemos se non colaboramos COMA NA REALIDADE.

Agora facemos construccións cos tapóns que aproveitamos da merenda.

No seguinte xogo, temos que seleccionar o lixo para o seu contenedor correspondente.

Tamén clasificamos a súa composición, de qué está feito.

Neste xogo, temos que poñer a cada animaliño no seu hábitat, onde vive: na charca, no río, no mar, no campo...

E AO REMATAR, SEMPRE NOS LEMBRAMOS QUE DEBEMOS RECOLLER TODO O LIXO PARA RECICLAR.

SEMILLEIRO

Chega o mes de marzo e xa podemos sementar máis cousiñas, algunhas para levar ás nosas casas e seguir vendo como medran alí e outras para o noso horto.

Desta vez sementamos ravos que esperamos comer nas nosas ensaladas pronto, son moi ricos e ademais teñen moitas vitaminas, especialmente vitamina C.

 

REUTILIZAMOS BOTES PARA POÑER PLANTAS NAS AULAS

Seguimos buscando formas de reutilizar obxectos da vida cotiá para darlles unha segunda vida. Nesta ocasión, como Escola Verde que somos, collimos botes de distintas procedencias para plantar plantas nas nosas aulas, canto máis verde mellor!

Pintamos os botes para deixalos máis bonitos e despois puxemos plantas e cactus. Seguiremos con esta actividade todo o que queda de curso, esperemos ter moitas máis!!!

 

COMPOST CASEIRO ECOLÓXICO

Este curso, imos aproveitar máis do que viñamos facendo, para facer un mellor compost, recollendo maior variedade de materiais... a herba de cortar o césped, as follas que caen das árbores...

as ramas da poda de plantas e árbores, as ramas da derradeira colleita...

as malas herbas que arrincamos...

os desperdicios orgánicos das merendas...

e do magosto...

Amontoamos todo o que imos recollendo, e sempre vai baixando desfacéndose, elaborándose así o compost, do que xa podemos ir collendo o que quedou do ano pasado pola parte de abaixo. Mentres vaise facendo porriba o que botamos a diario.

O compost que estamos a facer, é unha forma ecolóxica de reciclar os residuos orgánicos, para enriquecer a terra con multitude de nutrintes, sen aditivos químicos artificiais. Prodúcese por un proceso de compostaxe que consiste na oxidación da materia orgánica. Todos os materiais que empregamos na horta, son naturais. Canto máis variadas secan as fontes de materia orgánica que empreguemos, máis rico e equilibrado será o abono resultante.

Tamén comezamos a encher de novo, outro composteiro.

 Agora tamén contamos coa colaboración dunhas miñocas moi traballadoras para axudarnos a facer compost do mellor.

E así imos abonando o terreo.

Agardando que medren axiña.

 

 

 

AS PRIMEIRAS FLORES

Queremos amosarvos as primeiras flores que xa comezan a arrecender de frescura

NARCISOS

XACINTOS

Mirade quenes foron as primeiras en probalas... as abellas

Estas, si son expertas en escoller o mellor pole.

As que puxeramos na aula, tamén medraron e puidemos velas en todo su esplendor, coas súas raíces.

Qué ben ulía a aula!!!

As plantas aromáticas seguen medrando todo o ano

LAVANDA

ROMERO

 TOMILLO

Estámolas a poñerlles cunchas de moluscos aproveitándoas para que non saian as malas herbas, sirvan de compost para a terra, e o estéticamente bonito que queda, ainda que non está rematado.

SALVIA

MENTA

O ben que cheiran e o gustiño que lle dan á comida mmmm.

 

AS FOLLAS DO OUTONO

Coas follas que recolleramos do outono, traballamos as formas, os tamaños, as cores, o conteo, a simetría..., e a creatividade para facer as nosas persoais creacións.

Algunhas relacionadas co PDI que se está a desenvolver no colexio sobre o mar.

Tamén fixemos orixinais grafismos creativos, mirade qué bonitos nos quedaron!

Todas as follas que non empregamos, e pasaron de estación, botámolas ao compost para seguir facendo o noso abono caseiro.

Non perdemos de vista, que nos nosos traballos aproveitamos todo.

Distribuir contido


by Dr. Radut