Skip to Content

Secretaría, Impresos, Novas, Admisión alumnado

Reserva de praza no IES Salvador de Madariaga para o alumnado de 6º de EP.

 

As familias  do alumnado de 6º de educación primaria que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Salvador de Madariaga deberán entregar ao seu fillo/a para que o entregue ao seu titor/a entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). Tamén pode facerse a reserva parcial no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, ou de xeito electrónico e completo en https://sede.xunta.gal/portada. Se algúnha familia quere presentalo directamente na secretaría no centro poderá facelo en horario de 09:30 a 13:30 horas.

 

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Convocatoria no D.O.G. do 29-09-2021 Resolución do 20 de setembro de 2021 realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá entre o 2 e o 5 de novembro e estará integrada por:

  • A Directora  do Centro.
  • Un representanrte do profesorado.
  • Un representante de nais/pais.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O sorteo realizarase o próximo 27 de outubro.

SECTOR NOME E APELIDOS
Directora Mª Aurora Candal Miranda
Profesorado Hilda Ramos Vázquez
Pais/Nais  Iolanda Sánchez Méndez
PAS  Manuel Jesús Boquete Pérez

Documentación:

A Coruña, 22 de outubro de 2021.

A DIRECCIÓN DO CENTRO.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

DESDE O 14 DE XULLO ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022. PODERÁN CONSULTALAS ATA O DÍA 20 DE XULLO, DÍA NO QUE PECHA O CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 HORAS.

 OS LIBROS ENTREGARANSE AO ALUMNADO BENEFICIARIO CANDO COMENCEN AS CLASES NO MES DE SETEMBRO.

FONDO LIBROS 2021-2022

A partir de hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de fondo libros para 3º e 4º de primaria. Contra estas listaxes poderán reclamar ata o día 11 de xullo. A partir do día 14 sairán publicadas as adxudicacións defintiivas do fondo.

Os vales das axudas de material poderán recollelos na secretaría do centro a partir do luns 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ata o 21 de xullo, data na que pechará o centro.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes no proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2021-2022, comunicamos que TÓDALAS SOLICITUDES PRESENTADAS OBTIVERON PRAZA.

Uns días antes da apertura do prazo colgarase nesta páxina a información pertinente para proceder á formalización da matrícula.

  CONTRA ESTAS LISTAXES PODERASE INTERPOÑER RECURSO DE ALZADA ANTE O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, U. E FP. ATA O DÍA 7 DE XUÑO.

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA VAI DO 21 AO 30 DE XUÑO.

 

As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ligazón:

https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html

dende o 10 de xuño. A presentación será exclusivamente telemática, aínda que vos podedes pasar polo local previa cita para que vos axuden coa tramitación telemática.

 

Recordarvos que os socios pagarán un prezo inferior de comedor, actividades e campamentos e poderán asistir ás numerosas charlas gratuítas da Escola de Nais e Pais (con servizo de canguros gratuíto) e ás festas organizadas pola asociación.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022

XA ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS PARA O CURSO ESCOLAR 2021- 2022.

CONTRA ESTAS LISTAXES PODEN PRESENTAR RECLAMACIÓN ANTE O CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO ATA O DÍA 30 DE ABRIL

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

Comunícaselles aos interesados/as que, unha vez rematado o prazo de solicitude de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2021/2022, houbo menos solicitudes que prazas ofertadas, polo que todos e todas os solicitantes serán admitidos/as.

As listaxes provisionais publicaranse antes do 26 de abril no taboleiro de anuncios do centro.

Publicación de adxudicación provisional de máscaras

Dende hoxe está publicada a relación dos beneficiarios/as das máscaras concedidas pola Consellería de Educación. O alumnado que xa tiña concedida a axuda de material, tamén terá a máscara que repartiremos nas próximas datas.

listaxes definitivas de admitidos

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021(listaxes definitivas)

COMUNÍCASE  a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes.

As listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de MATRíCULA vai do 1 ao 10 de xullo. Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do centro.

Próximamente publicaremos os documentos necesarios para o procedemento nesta web.

RECOLLIDA DOS PORTÁTILES DE SEXTO DE PRIMARIA

O próximo luns 22 de xuño procederase á recollida dos portátiles do equipamento E-DIXGAL do alumnado de 6º de primaria co seguinte horario:

6ºA de 10:00 a 11:00
6ºB de 11:00 a 12:00
6ºC de 12:00 a 13:00
Distribuir contido


by Dr. Radut