Skip to Content

EDLG

Equipo Dinamización Lingüística

RECURSOS EDLG. VOCABULARIO.

 

MAGOSTO

Un ano máis visitounos a señora María, o pasado non veu por mor do confinamento, pero aquí está de novo coas súas castañas traídas de Coristanco.

Qué ganas tiñamos de vela!!!!!!

Para os máis pequenos foi unha novidade poder ver como asaban as castañas no patio do cole dos maiores.
Este ano as castañas viñeron acompañadas de un rico e quentiño chocolate, agasallo da ANPA.
Qué rico estaba todo!!!! E cómo desfrutamos outra vez do MAGOSTO!!!!

Se queredes ver máis fotos preme aquí   

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

Poema de Xela Arias

Un adianto á celebración das Letras Galegas con dous poemas de Xela Arias: Todos os bebés son tú e Ninguén coma ti dis ma-ma-má coa voz de Lorena Ares e Carlos García e fotos do alumnado de 4º C do noso centro en colaboración co Seminario de Galán.

 

Revista EPB 2019-2020

Xa está lista a edición anual da nosa revista escolar nun curso diferente a todos os anteriores no que chegou a radio ao noso cole, e tamén un virus que nos deixou na casa, e no que a nosa alimentación foi a que marcou a temática anual a través do proxecto "Sabor e saber" e si queredes ver como foron estas e outras cousas aquí tedes a Revista EPB. Esperamos que a desfrutedes.

.

LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO

A CIENCIA NA COCIÑA PROXECTO "SABOR E SABER" EXPERIMENTOS REALIZADOS

 

 

Podedes ver todos os experimentos nos seguintes enlaces:

 

RECURSOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

U- la Lúa?

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Unha historia sobre o amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

 

Os nenos e nenas de E. Infantil desfrutamos deste espectáculo o pasado luns día 9, gustounos moito vivir coa gatiña Lúa as súas aventuras.

Exposición de zonchos 2019

Un ano máis, no CEIP Emilia Pardo Bazán continuamos coa tradición dos Zonchos, moi típica na nosa zona.
Os Zonchos son castañas cocidas coa pela, decoradas e enfiadas cun cordel e que se pensaba servían como amuleto protector para os espíritus.
Este curso vimos moitos zonchos diferentes e moi bonitos, moitas gracias a todos por colaborar para manter esta tradición viva.

Preme na imaxe para acceder á Galería de fotos ou no arquivo adxunto:

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut