Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este día foi proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Este curso, dentro do noso proxecto de centro "A ciencia na escola", queremos dar visibilidade a todas aquelas mulleres que fixeron e están a facer avances en moitos ámbitos científicos.
