Skip to Content

Colectivas

XORNADA PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS

O pasado venres día 12 de novembro, a Fundación Vertex Bioenergy a través da ANPA, levou a cabo no centro diferentes actividades dirixidas á prevención de emerxencias.

Por un lado, realizouse un simulacro de incendio no centro e por outro unha xornada de formación para o profesorado de manipulación e emprego de extintores coa empresa Forgatrans que proporcionou os medios necesarios para levar a cabo estas actividades.

Pinchade na imaxe para ampliar

 

IV CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA

Con motivo da celebración do Día da Infancia, o noso alumnado participará na IV CARREIRA SOLIDARIA POLA INFANCIA, que se levará a cabo o próximo venres 19 de novembro na Praza de España de Teixeiro. 

Este ano, o importe recadado irá destinado aos centros educativos da Palma afectados polo volcán.

Ademais do recadado polo alumnado e as familias, os veciños e veciñas de Teixeiro tamén poderán colaborar coa causa facendo un donativo nas huchas situadas nos diferentes comercios do pobo.

No seguinte cartel tedes toda a información. Pinchade na imaxe para ampliar:

 

 

PROXECTO DE CENTRO

CONTRATOS PROGRAMA

Durante este curso 2021/2022, o centro participa en diferentes Contratos Programa: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T E IGUÁLA-T. Nestas modalidades de participación, irán enmarcadas diversas actividades que levaremos a cabo  no centro no presente curso escolar.

A iniciativa destes Contratos-programa constitúe un instrumento de apoio para promover o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

  

SAÍDA CURTIS "EXPOSICIÓN PLAYMOBIL"

Mañá mércores 10 de novembro e xoves 11 de novembro, o alumnado do CEIP de Teixeiro fará unha saída a Curtis para ver a exposición de Playmobil organizada polo Concello de Curtis.

Nesta saída cumpriranse en todo momento as medidas recollidas no Protocolo Covid.

O horario da saída será o seguinte: 

MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO: 

- 4º E.I.

- 5º E.I. 

- 6º E.I.

- 3º E.P.

XOVES 11 DE NOVEMBRO: 

- 1º E.P.

- 2º E.P.

- 4º E.P.

- 5º E.P.

- 6º E.P.

Se algún alumno/a que vai mañá día 10 á saída non ten a autorización, pode descargala no seguinte enlace.

AUTORIZACIÓN SAÍDA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut