Skip to Content

ENTREGA LIBROS ROSALÍA DE CASTRO

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Queremos amosar o noso agradecemento a ANPA por facer que a nosa biblioteca medre un pouquiño máis, mercándolle ao alumnado do centro estes títulos da obra de Rosalía de Castro.

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

(Pinchade na imaxe para ampliar)

 

ALMORZOS SAUDABLES

(Pinchade na imaxe para ampliar)

A vindeira semana comezaremos as xornadas de ALMORZOS SAUDABLES dentro do proxecto EDUSAÚDE no que participamos. Nestas xornadas o alumnado asistirá a unhas charlas sobre nutrición por parte do especialista do centro de saúde de Teixeiro, ademais de poñer en práctica os consellos que nos aporte almorzando no centro.

No cartel podedes ver as datas dos diferentes cursos, polo que ese día almozarán no cole.

ENTROIDO 2024

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da celebración do noso Entroido. 

Un Entroido que xirou ao redor do tema deste curso "EMOCIONARTE" e que o alumnado soubo plasmar nas obras de arte que presentaron ese día.

 

SAÍDA DIDÁCTICA LUGO

Este martes as rapazas e rapaces de 5º e 6º curso de Primaria visitamos o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL); visita guiada que conta cunha programación de exposicións temporais sobre temas como a evolución histórica da cidade de Lugo, pezas arqueolóxicas ou a exposición sobre a relación entre a literatura e os vídeo xogos. Ademais fomos ver unha obra de teatro en inglés a cal resultou moi dinámica e entretida.  

Distribuir contido


by Dr. Radut